InicioOpiniónDía 18 de corentena: 'Héroes en zapatillas'

Día 18 de corentena: ‘Héroes en zapatillas’

A música revélase como unha gran axuda para levar o confinamento. Na Mariña, varios artistas compuxeron unha canción colectiva dende cadansúa casa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ramón González Rey | Músicos de Ribadeo veñen de quitar ‘Héroes en zapatillas‘, un videoclip dunha canción colectiva que compuxeron entre todos desde as súas casas, nestes días de confinamento por mor do coronavirus. “Esta é a nosa pequena homenaxe ás persoas que se foron e ás que evitan que outros se vaian, ás que saen por nosoutr@s e ás que se quedan na casa”, explican.

Estes días vin unha reflexión que circula por redes que me pareceu interesante. Viña a dicir que o debuxo, a educación física e maila música, as materias que se soen considerar “Marías” no sistema educativo -as supostamente máis doadas e menos relevantes- son as que nos están a axudar a pasar a corentena.

Non fai falta pensalo moito para darse conta: un amigo co que hoxe mesmo chateei por WhatsApp -mellor era un viño, si- está a publicar nas redes os seus debuxos. Outro manda unha foto: arreglouse para poder pedalear un rato na bici desde a cociña. Eu tiro de Spotify ou de Youtube.

Podes seguir lendo o artigo completo de Ramón González Rey no Xornal da Mariña. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena‘ conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

+ posts

ÚLTIMAS

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...

Detido por por danar un desfribilador a base de golpes e negarse a ser identificado

Un home foi denunciado en Lugo por golpear un desfribilidador situado na praza de...

A Deputación irá á Feira Internacional de Turismo de Interior para promocionar a provincia

    A Deputación de Lugo participará por primeira vez na Feira Internacional de Turismo de...