InicioMovementos sociaisNova edición da Feira de Gando Cabalar en Augaxosa

Nova edición da Feira de Gando Cabalar en Augaxosa

Daniel García sinalou “o traballo da asociación veciñal á hora de manter unha feira documentada desde o século XVIII, e consolidada como unha das máis importantes da contorna e que, en anteriores edicións, reuniu arredor de 200 cabezas entre cabalos, eguas e poldros”.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado de Medio Rural, Daniel García, participou na presentación da Feira de Gando Cabalar, organizada pola Asociación de Veciños de Augaxosa, que terá lugar este sábado, día 12, coincidindo coas festas parroquiais.

A Vicepresidencia da Deputación, a través da Área de Medio Rural, contribúe ao desenvolvemento desta cita coa achega de 5.000 euros, fortalecendo así a súa colaboración coas feiras cabalares que se celebran na provincia, especialmente na Mariña interior, e favorecendo a continuidade dunha tradición estreitamente ligada ao territorio.

Neste senso, Daniel García sinalou “o traballo da asociación veciñal á hora de manter unha feira documentada desde o século XVIII, e consolidada como unha das máis importantes da contorna e que, en anteriores edicións, reuniu arredor de 200 cabezas entre cabalos, eguas e poldros”.

A inauguración terá lugar ás 9.30 horas e repartirá máis de 800 euros en premios para as gandeirías que presenten un maior número de animais. Ademais, contará cunha mostra de razas autóctonas, demostracións de cestería e torneado de madeira, animación con música tradicional e postos de téxtil e alimentación.

Durante a xornada tamén se ofrecerán degustacións de hamburguesas de poldro de Pura Raza Galega, en colaboración coa Asociación de Criadores Puraga, como parte do programa de promoción de razas autóctonas “Un gusto rural, un rural degusto”.

Na contorna da feira poderase ver tamén a exposición “Gardiáns” de Jorge Arévalo, con imaxes que amosam o traballo diario nas ganderías, a pegada dos animais na cultura, os ciclos vitais ou as consecuencias dos lumes na actividade gandei

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e o secretario xeral da Lingua participan nas II Xornadas de Pensamento Galego

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García,...

Deteñen un home por ameazar a dúas persoas cun cúter e unha navalla en Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home como presunto autor dun delito...

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

A Deputación detrás dunha nova edición de Divulga T sobre ciencia no campus de Lugo

  DivulgaT- Petiscos de Divulgación Científica, unha iniciativa da Asociación de Investigadores AgroMar que busca...