A asociación veciñal Xuntos por Lugo realizará unha concentración de protesta, que terá lugar o sábado 28 de febreiro ás 11:00 horas, “ante o ruinoso e perigoso estado que presenta a estrada Nacional 120”.
O obxectivo desta mobilización “é esixir ao Ministerio de Transportes e ao Goberno do Estado o arranxo integral e urxente da estrada N-120, que conecta Lugo con Ourense, como fixemos tamén fixemos semanas atrás coa estrada Nacional 540″.
Dende Xuntos por Lugo denuncian o “abandono histórico” que sofre esta vía de comunicación, “así como de moitas outras que tamén dependen do Goberno do Estado”.
Baixo o lema “N-120: Estrada en ruínas. Solucións xa!”, Xuntos por Lugo denuncia que o estado actual do firme “supón un perigo constante para a seguridade viaria dos miles de usuarios que a diario teñen que empregar esta carretera”.
A asociación fai un chamamento “a todos os veciños, transportistas, usuarios afectados e a calquera outro veciño ou veciña da provincia que desexe sumarse á convocatoria para que secunden esta protesta”.
