InicioMovementos sociaisO PSOE de Lugo denuncia novas pintadas de ultradereita na súa sede

O PSOE de Lugo denuncia novas pintadas de ultradereita na súa sede

Os socialistas falan dunha “escalada de violencia política” e avanzan medidas legais ante os ataques reiterados

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sede provincial do PSOE en Lugo volveu ser obxecto este sábado dun ataque vandálico, con pintadas que apelan á ultradereita e que se estenderon tamén aos baixos comerciais situados a carón do edificio. O partido denunciou os feitos cun comunicado no que alerta dunha “escalada de violencia política”.

Segundo explicou a formación, as novas inscricións inclúen frases como “Vox é a salvación”, “Vota Vox 2027”, “Cans” ou “Falanxe”, que consideran un “ataque directo á democracia” e un intento de sementar “odio, intimidación e división social”.

O PSOE subliña que a extensión destas pintadas a comercios veciños supón un “prexuízo directo” á cidadanía e representa un “salto cualitativo na gravidade dos feitos” respecto ao ataque rexistrado a semana pasada.

A vicesecretaria xeral e responsable de Organización, Pilar García Porto, advertiu de que estes actos non son illados, senón que responden a un “patrón organizado de violencia política” alentada pola extrema dereita. “Non é unha casualidade nin un feito illado, senón unha estratexia de odio que busca normalizar a crispación e a intolerancia”, afirmou.

MEDIDAS LEGAIS

Os socialistas avanzaron que trasladarán os feitos ás autoridades competentes e emprenderán as medidas legais oportunas. “Estamos ante un atentado inaceptable nun Estado democrático, e non se pode tolerar nin un só ataque máis baseado no odio e na intolerancia”, concluíron.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...