InicioTerra CháCastro de ReiProtestas de familias ante a "falta de pediatra" nos municipios de Outeiro...

Protestas de familias ante a “falta de pediatra” nos municipios de Outeiro de Rei, Cospeito e Castro de Rei

Segundo as familias trátase dunha situación "insustentable" que non garante "o dereito á saúde" dos nenos, debido a que, segundo din, cando un profesional pediátrico auséntase da súa praza non se cobre de forma apropiada

PUBLICADA O

- Advertisement -

Familias afectadas pola “falta de pediatra” nos municipios lucenses de Outeiro de Rei, Cospeito e Castro de Rei volveron a protestar este luns para reclamar melloras no servizo.

Ao seu xuízo, trátase dunha situación “insustentable” que non garante “o dereito á saúde” dos nenos, debido a que, segundo din, cando un profesional pediátrico auséntase da súa praza non se cobre de forma apropiada. “E, cando se fai, moitas veces faise con profesionais que non contan coa cualificación necesaria”, lamentaron.

“Estamos fartas de que as administracións nos dean as costas, de escoitar promesas baleiras que nunca chegan a facerse realidade. Somos xente do rural e temos claro que non importa o que digan, senón o que fagan. E o que fan, lamentablemente, é abandonarnos”, criticou Iria Anllo, en representación das familias.

Ela reivindicou a importancia de que se lles escoite, lembrando que se trata de tres municipios que suman máis de 1.300 cartillas de pediatría. “Estamos dispostos a chegar ata onde sexa necesario”, engadiu.

“En nome dun futuro esperanzador para os nosos nenos e para as xeracións que veñen, non deixaremos de loitar pola sanidade pública que merecemos e para conseguir tal fin seguiremos convocando todo tipo de mobilizacións”, sentenciou.

+ posts

ÚLTIMAS

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...