InicioMovementos sociaisParga reclama o "desconfinamento" do centro de saúde, pechado hai un ano...

Parga reclama o “desconfinamento” do centro de saúde, pechado hai un ano por mor da pandemia

"Hai persoas que fan extraccións ás oito e media da mañá neste consultorio e logo teñen que desprazarse a Guitiriz ás dez e media para que lles fagan as curas", explican dende a Plataforma 'Parga Non Se Divide'

PUBLICADA O

- Advertisement -

Veciños de Parga, en Guitiriz, demandaron a reapertura do centro de saúde que dá cobertura a unhas 1.700 persoas e que permanece pechado desde hai un ano.

Así o expresou o portavoz da asociación veciñal ‘Parga Non Se Divide’, Alfonso Losada, que advirte que a maioría dos veciños afectados son poboación de idade avanzada que teñen que desprazarse ata Guitiriz, onde foron trasladados os dous médicos, a ATS e o celador que traballaban en Parga.

Por iso, reivindica que “se vaian dando pasos” cara a un “desconfinamento” deste centro que as autoridades sanitarias pecharon pola pandemia hai un ano. Solicitan que a reapertura arrinque coa presenza do persoal de enfermaría “traballando todo o día, e a partir de maio” se incorpore un dos médicos.

Alfonso Losada explicou que pretenden a reapertura en maio atendendo a que “a maior parte da xente de oitenta anos xa estará vacinada”. Así poderíase atender “especificamente a esa poboación” inmunizada e ao resto seguila “atendendo en Guitiriz”.

O activista veciñal precisou que agora “só acode un ATS” a Parga, que tamén conta cun celador que os martes e xoves fai extraccións de sangue pero “ningún outro tipo de labor, nin curas, nin ningún tratamento”.  “Hai persoas que fan extraccións ás oito e media da mañá en Parga e logo teñen que desprazarse a Guitiriz ás dez e media para que lles fagan as curas”, lamentou finalmente o portavoz de ‘Parga Non Se Divide’, Alfonso Losada.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...