InicioMovementos sociaisO feminismo sae hoxe ás rúas de Lugo: "Os dereitos das mulleres...

O feminismo sae hoxe ás rúas de Lugo: “Os dereitos das mulleres non se confinan”

A plataforma Galegas 8M e os sindicatos lamentan que se criminalicen estas manifestacións cando durante toda a pandemia houbo concentracións de todo tipo, mesmo de negacionistas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O colectivo feminista Galegas 8M convocou varias decenas de manifestacións en toda a comunidade galega coas que, baixo o lema ‘sen coidados non hai vida’ ,  pretende concienciar sobre a importancia dos “traballos invisibles que permiten a reprodución e o mantemento da vida”, que normalmente recaen sobre as mulleres e cuxa precarización acentuou a pandemia de covid-19.

A celebración das mobilizacións está  marcada por voces críticas cunha convocatoria que chama ás mulleres a saír á rúa, e aínda co eco dos reproches por parte dalgúns sectores que quixeron culpabilizar da expansión do virus á celebración do 8 de marzo o pasado 2020. Con todo, as convocantes lembran que houbo manifestacións de diverso tipo na pandemia ao longo do último ano (como as do Alcoa ou os hostaleiros no sector económico), mesmo de ‘negacionistas’ que non gardaron as distancias nin portaron máscaras, polo que rexeitan o “paternalismo” sobre o dereito a mobilizarse das mulleres e pregúntanse por que só se pon o foco nestas marchas.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...