InicioSociedadeO peche parcial da oficina de Abanca en Parga fai desconfiar os...

O peche parcial da oficina de Abanca en Parga fai desconfiar os veciños

O local só atenderá ao público tres días á semana, "como nos ofrecían cando o quixeron pechar" hai tres anos. A Plataforma Parga Non Se Divide esixe garantías da reapertura total unha vez cesen as restricións sanitarias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Plataforma ‘Parga non se Divide’ alerta que a oficina de Abanca de Parga (Guitiriz) só prestará servizos os martes e venres pola mañá, no canto de abrir cinco días á semana como viña facendo ata o de agora. Malia tratarse dunha medida preventiva polo coronavirus, o colectivo teme que esta situación se convirta en definitiva.

“Entendemos que é unha medida preventiva pola COVID-19 e así nolo confirman extraoficialmente, mais o xeito de producirse (o peche parcial), sen aviso previo nin explicación algunha, fainos desconfiar”, explican. A iso súmase o feito de que se tomara a decisión de manter a atención ao público tan só dous días á semana, “como nos ofrecían cando a quixeron pechar” no 2017.

Ante este temor, a Plataforma esixe garantías de que esta situación se vai reverter unha vez cesen as restricións sanitarias. “Parga quere e necesita unha oficina bancaria aberta de luns a venres e vai loitar por ela se é necesario”, manifestan dende a plataforma veciñal. O colectivo insta a veciñanza a acudir este venres 27 de marzo á oficina de Parga ou á de Guitiriz, “de xeito ordenado e cumprindo as normas sanitarias”, para solicitar as follas de reclamación e esixir un compromiso de reapertura total”.

ÚLTIMAS

Tarxerta verde da UNESCO para o Xeoparque Montañas do Courel

O Xeoparque Montañas do Courel que comprende os concellos de Ribas de Sil, Quiroga e...

O goberno de Lugo celebra o aval xudicial á demolición do Garañón

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, celebrou este mércores que as tres sentenzas que...

Lugo aproba inicialmente o novo plan de emerxencias municipal

O Executivo local aprobou inicialmente o novo plan de emerxencias municipal, un documento aberto...

Un operario resulta ferido tras ser atropelado por un camión nun tramo de obras da A-6 en Baralla

Un traballador do servizo de mantemento de estradas resultou ferido ao ser atropelado por...