Lugo pode presumir de ter xa o primeiro Xeoparque de Galicia

O Courel / Orlando Gregorio
O Courel / Orlando Gregorio

As Montañas do Courel foron recoñecias como Xeoparque Mundial da UNESCO. A declaración oficial tivo lugar este xoves, no transcurso da 206ª reunión da Xunta Directiva da UNESCO en París, e converte a este territorio no primeiro Xeoparque do noroeste de España e no primeiro en Galicia.

A decisión estaba tomada e axudaba que a Comarca de Quiroga xa iniciara a potenciación do patrimonio xeolóxico, moi importante para a consideración final dun territorio como xeoparque. Baixo a coordinación do GDR creouse a Asociación Montañas do Courel, formada polos concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil. Máis en Xornal de Lemos.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here