InicioLugo e contornaLugoLugo Monumental alerta de que o patrimonio da cidade segue desprotexido

Lugo Monumental alerta de que o patrimonio da cidade segue desprotexido

Critican que as propostas de instalar cámaras de videovixilancia en espazos como o da Praza do Campo non chegaran a materializarse

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- A raíz do ataque que sufriu a Catedral de Santiago de Compostela, o colectivo Lugo Monumental, que agrupa os negocios do centro histórico da cidade, lembrou que algún dos principais monumentos da capital lucense segue totalmente “desprotexido”.  Referíronse explicitamente a lugares nos que xa houbo “graves problemas”, como na Praza do Campo, onde un acto vandálico esnaquizou a Fonte de San Vicente.

De feito, este colectivo lembra que, aínda que nun principio se barallou a posibilidade de instalar nese espazo cámaras de videovixilancia –a proposta do propio goberno local- esa vía segue nestes momentos “paralizada”. “O debate sobre o uso de cámaras” no centro histórico da cidade, “que pasou de ser proposto pola propia alcaldesa de Lugo a pecharse sen a súa instalación, debería reabrirse”, afirma este colectivo.

Ao tempo, lembran que os lucenses “pagaron moito diñeiro pola restauración e mantemento” dos bens patrimoniais que atesoura a cidade. “Só a restauración da estatua de San Vicente, derrubada por uns vándalos durante unha noite de festa, custou 6.000 euros”, engade, de modo que protexer ese patrimonio “é unha obrigación da administración”, algo que coidan que non está a cumprir

De feito, tamén lembra que as “ferraxes medievais” da porta norte da Catedral de Lugo continúan coa súa “inexorable deterioración”, por mor da “urina dos incívicos que, noite tras noite fan as súas necesidades” contra esa fachada do templo.

Por outra banda, Lugo Monumental lembra que a petición formulada o pasado 24 de outubro de 2018 á Xunta de Galicia para que a fonte de San Vicente sexa declarada Ben de Interese Cultural (BIC), aínda non obtivo resposta por parte do goberno galego.

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...