InicioMedioambiente e PatrimonioMil euros a quen achegue datos fiables sobre o autor da morte...

Mil euros a quen achegue datos fiables sobre o autor da morte a tiros dun lobo en Monterroso

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os colectivos animalistas Libera e Fundación Franz Weber recompensarán con 1.000 euros a quen achegue datos fiables sobre o autor ou autores do disparo que provocou a morte a un lobo en Monterroso, que apareceu tirado nunha estrada.

Con esta recompensa, as asociacións tentan romper “o círculo de silencio”. O contexto no que foi atopado o animal, na aldea de Tegar de Vilamor, podería “evidenciar a falta de colaboración dos habitantes da zona”, aseguran, para identificar ao responsable ou responsables do que sosteñen que “parece ser de xeito evidente unha acción de caza irregular“.

Os animalistas advirten que o “silencio interesado podería interpretarse como a ocultación dunha posible conduta delituosa” e alertan da “campaña de odio e ataques constantes” aos lobos.

Ademais, FFW e Libera perciben un “descontrol crecente e a desregulación da caza” en Galicia, con “miles de batidas cada ano”, que fomentan a “cinexetización” do Medio rural en contra do criterio da “inmensa maioría da cidadanía”.

Ambas as organizacións poñen a disposición de posibles testemuñas un correo electrónico (galicia@liberaong.org), a través do que se poderían remitir as posibles probas ou sospeitas.

Lembran que outra acción ilegal, a ocorrida no bosque protexido de Ridimoas, na provincia de Ourense, avanzou cara á investigación de varias persoas por parte da Garda Civil.

Animalistas piden investigar a aparición dun lobo tiroteado en Monterroso

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...