InicioMedioambiente e PatrimonioMeteogalicia sinala moi "baixa probabilidade" de nubes o día da eclipse

Meteogalicia sinala moi “baixa probabilidade” de nubes o día da eclipse

Os expertos matizaron que a entrada de ventos do norte á tardiña elevará o risco de nebulosidade por encima do 40% na franxa do litoral norte

PUBLICADA O

- Advertisement -

A maioría dos concellos galegos nos que a eclipse solar deste mércores sexa total contará cunha probabilidade de nubes “moi baixa” para observar este fenómeno, segundo as previsións de Meteogalicia. No entanto, os expertos matizaron que a entrada de ventos do norte á tardiña elevará o risco de nebulosidade por encima do 40% na franxa do litoral norte, especialmente en zonas como A Mariña de Lugo, Ortegal, Ferrolterra, A Coruña, Bergantiños e a Costa da Morte.

En concreto, a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría, e os meteorólogos María Souto e Carlos Otero, detallaron nunha rolda de prensa este luns que a xornada da eclipse comezará cunha situación de anticiclón e ventos do norte que deixará néboas e nubes baixas durante a mañá en moitos puntos da comunidade. A medida que avance o día, o sol gañará forza e os ceos quedarán despexados en practicamente toda Galicia durante as primeiras horas da tarde.

Con todo, o “problema” xurdirá cara á noite, cando o vento do norte volva introducir nubes baixas e compactas desde o mar cara á terra nalgunhas zonas do litoral norte. Estas nubes baixas son as que máis preocupan aos meteorólogos, xa que, a diferenza das nubes altas, tapan por completo o sol, que durante a eclipse atoparase a unha altitude baixa duns 13 graos.

Segundo o mapa estatístico elaborado con 53 fontes de datos, a probabilidade de obstrución supera o 40% en gran parte do litoral norte e a Costa da Morte. As zonas con maior risco de que o ceo se cubra son as comarcas de Terras de Soneira, Bergantiños, A Coruña, Ortegal e A Mariña de Lugo.

Os técnicos subliñaron que se trata dun fenómeno “dinámico” que pode cambiar por minutos, polo que nestas áreas é posible que a eclipse comece a verse e quede tapado apenas media hora despois polo avance das nubes de norte a sur, aínda que insistiron en que “é un produto estatístico” e, por tanto, as previsións deste martes “serán máis fiables”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Asociación Veciñal As Carballeiras exixe a reparación urxente de dúas marquesiñas de autobús en Lugo

A Asociación Veciñal As Carballeiras fixo pública a súa denuncia polo mal estado no...

Orzamento de 400.000 euros da Deputación para mellora de estradas e impulso do rural

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou nesta xornada novos investimentos por...

A Deputación de Lugo licitará o proxecto de ampliación do Pazo dos Deportes sen ter aínda pechado o financiamento

A Deputación de Lugo iniciará os trámites para contratar a redacción do proxecto de...

A USC recibe o Muíño de Olga para convertelo nun espazo de divulgación científica en Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela incorporará o Muíño de Olga, en Lugo, á súa...