InicioMedioambiente e PatrimonioSegundo plan de roza da Deputación onde xa rematou a primeira intervención

Segundo plan de roza da Deputación onde xa rematou a primeira intervención

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, deu a benvida este mércores aos veciños e veciñas que asistiron á charla sobre a eclipse solar que se celebrou no Salón de Actos dos Chaos da Fonsagrada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, anunciou este mércores que a institución provincial inicia hoxe a segunda fase do Plan Provincial de Roza. Detallou que os operarios comezaron esta mañá a darlle unha segunda pasada ás estradas provinciais onde xa remataron os primeiros desbroces -iniciados en maio- e no resto das vías os equipos continúan executando as rozas que comezaron o 1 de xuño.

Un novo operativo co que a Deputación reforzou o servizo de conservación da rede viaria provincial de maneira significativa para garantir un mantemento máis continuo e eficaz das estradas ao longo da primavera e do verán.

Hoxe os traballos desta segunda fase estanse desenvolvendo en Cervo, O Vicedo, Xermade, Ribadeo, Mondoñedo, Riotorto, Cospeito, Pol, Castroverde, Friol, Láncara, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, Portomarín, Carballedo, Monforte de Lemos e Sober.

López lembrou que este ano a institución provincial destinou 2,4 millóns de euros ao Plan Provincial de Roza, un investimento que permitiu incrementar a prestación do servizo en máis dun 75%, conseguindo que a maior parte da rede provincial reciba dúas intervencións de desbroces anuais. “Queríamos que ese esforzo se traducise nun mantemento máis continuo das estradas ao longo de toda a campaña. Esta segunda pasada é a mellor demostración de que ese obxectivo xa se está cumprindo, mellorando a seguridade viaria e as condicións de circulación en toda a provincia”, destacou a Presidenta.

A segunda pasada que comeza hoxe permitirá actuar de novo nas vías nas que xa se completou a primeira intervención, permitindo manter as marxes en condicións óptimas durante os meses de maior crecemento da vexetación. Ao mesmo tempo, a campaña segue avanzando no resto da provincia conforme á planificación establecida, de maneira que os equipos continúan desenvolvendo os traballos previstos nas distintas zonas da rede viaria.

Mentres hoxe se inicia a segunda pasada nas zonas 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 10, 11, 12, 13, 14, 16, 17, 20, 21, 23 e 24, onde a campaña arrancou no mes de maio, nas zonas 9, 15, 18, 19 e 22 os equipos continúan executando os traballos iniciados o pasado 1 de xuño. Deste xeito, a Deputación mantén despregado o operativo de roza en toda a provincia, actuando de maneira simultánea en función da planificación establecida para cada zona.

As actuacións que se executan nesta segunda pasada abranguen o desbroce das marxes das estradas, dos noiros, da contorna da sinalización vertical, das barreiras de seguridade e do gálibo. Trátase de traballos fundamentais para mellorar a visibilidade en curvas, cruces e incorporacións, facilitar a circulación, incrementar a seguridade viaria e contribuír á conservación das estradas provinciais durante a época estival.

Ademais, o mantemento periódico da vexetación favorece tamén as tarefas de inspección e conservación da infraestrutura viaria, facilita a drenaxe das cunetas e reduce os riscos derivados da acumulación de maleza nas marxes das estradas.

A campaña desenvólvese de maneira coordinada nas 24 zonas nas que a Deputación organiza a conservación da súa rede provincial, o que permite adaptar o ritmo das actuacións ás necesidades de cada territorio e optimizar os recursos dispoñibles.

A rede viaria provincial supera os 4.200 quilómetros, sendo a máis extensa de Galicia e unha das máis importantes do conxunto do Estado, polo que require un labor permanente de conservación para garantir a mobilidade entre os concellos e ofrecer unhas comunicacións seguras e de calidade.

A Presidenta subliñou que este operativo “é un exemplo do compromiso da Deputación cun mantemento planificado e continuo das estradas provinciais, porque conservar en boas condicións a nosa rede viaria é investir na seguridade das persoas, na cohesión do territorio e na calidade de vida da veciñanza, especialmente no rural“.

As 24 zonas nas que está dividida a rede provincial para desenvolver os desbroces son as seguintes:

– Zona 1: O Vicedo, Viveiro, Xove e Ourol.
– Zona 2: Burela, Cervo, Foz, O Valadouro e Alfoz.
– Zona 3: Muras, Xermade e Vilalba.
– Zona 4: Barreiros, Ribadeo, Trabada e Lourenzá.
– Zona 5: Mondoñedo e Abadín.
– Zona 6: A Pontenova, Riotorto e A Pastoriza.
– Zona 7: Cospeito, Rábade, Outeiro de Rei, Guitiriz e Begonte.
– Zona 8: Castro de Rei, Pol e Meira.
– Zona 9: Lugo e Guntín.
– Zona 10: Castroverde e O Corgo.
– Zona 11: Friol.
– Zona 12: Baleira, Baralla e Láncara.
– Zona 13: Ribeira de Piquín e A Fonsagrada.
– Zona 14: Negueira de Muñiz e Navia de Suarna.
– Zona 15: Becerreá e As Nogais.
– Zona 16: Cervantes e Pedrafita do Cebreiro.
– Zona 17: Antas de Ulla, Monterroso, Portomarín e Palas de Rei.
– Zona 18: O Páramo, Paradela e Sarria.
– Zona 19: O Incio, Triacastela e Samos.
– Zona 20: Taboada e O Saviñao.
– Zona 21: Chantada e Carballedo.
– Zona 22: Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.
– Zona 23: Bóveda, Pobra do Brollón e Monforte de Lemos.
– Zona 24: Pantón e Sober.

As xornadas divulgativas sobre a eclipse solar da Deputación chegan ata Fonsagrada e Cervantes

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, deu a benvida este mércores aos veciños e veciñas que asistiron á charla sobre a eclipse solar que se celebrou no Salón de Actos dos Chaos da Fonsagrada. A astrofísica María Fernández impartiu esta xornada, que se enmarca dentro do ciclo de conferencias organizadas pola Deputación de Lugo para informar á cidadanía sobre este fenómeno astronómico.

Este mércores pola tarde, a especialista ofrecerá unha segunda charla na Casa de Catoira de Cervantes. A programación continuará este xoves e venres nos concellos de Antas de Ulla, Monforte de Lemos, Quiroga, Sarria. As conferencias son gratuítas e de libre acceso ata completar o aforo

 

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...