InicioMedioambiente e PatrimonioO TSXG paralizado o parque eólico Serra do Furco nos Ancares

O TSXG paralizado o parque eólico Serra do Furco nos Ancares

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén e confirmarlle a ADEGA que suspende cautelarmente a autorización do proxecto eólico Serra do Furco, promovido por Enel Green Power España S.L. no concello lucense de Becerreá. Este proxecto xunto cos parques eólicos Serra de Piñeira, Serra do Colmo e Chao do Marco, promovidos pola mesma empresa e autorizados pola Xunta o ano pasado, constitúen no seu conxunto un macroproxecto eólico de máis de 130 MW que se pretenden instalar en plena Serra dos Ancares lucenses, os cales tamén foron recorridos por ADEGA pola vía contencioso-administrativa nos tribunais.

“Manifestamos unha enorme satisfacción por ter conseguido frear a tempo o inicio das obras dun polígono eólico absolutamente incompatíbel coa preservación da poboación de millafre real que habita na zona”, indica a entidade ecoloxista nun comunicado. A presenza desta ave en perigo de extinción está asociada a espazos de alto valor ambiental e biodiversos, como é o caso da serra do Furco e do resto do cordal dos Ancares onde está proxectada esta concatenación de catro polígonos eólicos industriais. Ademais, o P.E. Serra do Furco ficaría encaixoado entre dúas Reserva da Biosfera (Terras do Miño e Ancares lucenses) e moi próximo ás Zonas de Especial Conservación e Rede Natura Cruzul-Agüeira e Ancares-Courel.

As infraestruturas eólicas colocaríanse enfronte mesmo da vila de Becerreá, entre as que se contemplan 5 aeroxeradores de 200 metros de altura, 5 centros de transformación, unha torre meteorolóxica de 118 metros de alto e unha subestación, da que partiría a rede de evacuación compartida cos demais praques eólicos de Enel xa mencionados. Polo tanto, o seu impacto paisaxístico sería moi significativo, non só sobre a vila, senón tamén sobre a Área de Especial Interese Paisaxístico Cruzul-Agüeira e a ruta de peregrinaxe medieval Vía Küning.

SUSPENSIÓN TEMPORAL

O Auto xudicial comunicado a ADEGA deixa temporalmente sen efecto a resolución do acto administrativo da Dirección Xeral de Planificación Enerxética do 24 de abril de 2023 polo que autoriza o Parque eólico Serra do Furco, cando menos, mentres non haxa sentenza relativa ao recurso contecioso-administrativo interposto por ADEGA contra este megaproxecto. Segundo o TSXG, esta suspensión é obrigada por canto “o acto administrativo é susceptible de causar prexuízos de difícil reparación ao medio ambiente” e porque “existen indicios racionais suficientes que nos fan pensar que dito dano é moi probábel que se dea”.

Como noutras ocasións, o tribunal galego acolle a súa decisión ao principio de precaución do Dereito Comunitario (art. 191 TFUE) que impón actuar con vixilancia e á aplicación do periculum in mora: “De nada valería seguir adiante e permitir a execución do proxecto empresarial se, posteriormente, caso de estimarse o recurso, hai que desfacer o status quio á custa do erario público”.

ÚLTIMAS

Obras de rehabilitación en ligazóns da A-6 e A-8 en Begonte provocarán cortes de circulación durante tres semanas

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable inicia este xoves, 21 de novembro, as obras...

Un lucense gaña 2,6 millóns co Eurojackpot da ONCE

Un veciño da provincia de Lugo gañou 2,6 millóns de euros co Eurojackpot do...

Detidos en Lugo dous homes e unha muller por tráfico de drogas nas proximidades de colexios

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a dous homes e unha muller como...

O ministro Puente promete que o segundo viaduto do Castro estará listo “antes de final de ano”

O ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, asegurou este martes no Senado...