InicioMedioambiente e PatrimonioA Xunta defende o proxectro de Altri: "Ten que parar todos os...

A Xunta defende o proxectro de Altri: “Ten que parar todos os filtros habidos e por haber”

PUBLICADA O

- Advertisement -

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, lanzou este luns unha mensaxe de “tranquilidade total e absoluta” coa instalación da fábrica que a empresa Altri expón no municipio lucense de Palas de Rei.

En declaracións aos medios nunha visita ao Biopolo da Sionlla, a responsable do departamento autonómico de Medio Ambiente sinalou que o proxecto de Altri, “polas súas dimensións e por todo o que ten que tratar”, está sometido a diferentes requisitos como “a incidencia ambiental, a autorización ambiental integrada ou o IPPC”, polo que asegurou que “ten que pasar todos os filtros habidos e por haber, tanto de emisións, sustentabilidade, como no caso de autorización de auga como vai reverter nos nosos ríos”.

Neste sentido, insistiu en que a factoría collerá auga do encoro de Portodemouros, pero “o 65% desa auga que consuman irá de novo ao encoro mesmo con mellores condicións que coa que a captan”.

CRÍTICAS

Así, tras as críticas de asociacións ecoloxistas, Ángeles Vázquez quixo mandar unha mensaxe de “tranquilidade”. “Calquera empresa que se asente en Galicia dámoslle facilidades, pero sempre cumprindo a lei. Se non fóra así, non seriamos a segunda Comunidade que máis reducimos as emisións de CO2 desde 1990”, reivindicou.

“Mensaxe de tranquilidade total e absoluta”, volveu a insistir antes de lembrar que “os requirimentos son máximos”. Agora, engadiu, o proxecto atópase na etapa de exposición pública na que a Augas de Galicia “chegaron todas as alegacións, que teñen que contestarse“. O mesmo fará Medio Ambiente, segundo afirmou, en canto acabe o proceso. “Facilidades todas, pero cumprimento da lei totalmente estritos. Somos máis estritos que calquera outra comunidade autónoma do resto de España”, resolveu Anxos Vázquez.

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...