InicioMedioambiente e PatrimonioAvirten de grandes ricos ambientais nos Ancares por varios proxectos eólicos

Avirten de grandes ricos ambientais nos Ancares por varios proxectos eólicos

Ecoloxistas en Acción di que a Xunta quere converter esta sera nun "gran polígono industrial eólico".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ecoloxistas en Acción denuncian os perigos que terán para a comarca de Ancares os proxectos eólicos que conforman o denominado “Complexo eólico dos Ancares” entre os que están os proxectos eólicos Reboiro, Chan do Marco, Serra da Piñeira, Serra da Lagoa, Serra do Colmo, Serra do Furco, Restelo, Monteiro e Levente.

Nun comunicado critican que na tramitación ambiental non se avaliaron adecuadamente os impactos acumulados do conxunto dos proxectos eólicos previstos “que non poden ser asimilados ou combinados con outros efectos ou outras actividades dunha maneira sinerxética”.

Os proxectos eólicos que conforman o denominado “Complexo eólico dos Ancares” localizaríanse nunha área xeográfica cun alto nivel de ocupación polos parques eólicos xa instalados e en tramitación e lindeira con outras ADE tamén con un alto nivel de ocupación de aeroxeradores.

Por iso, os ecoloxistas din que existe un alto nivel de ocupación e saturación nun área restrinxida e incremento notable no afianzamento do efecto barreira/baleiro, nun entorno con especies sensibles e catalogadas. “Xenerarase un efecto sinérxico e acumulativo de impactos, principalmente de tipo baleiro e/ou barreira sobre a avifauna, incompatible coas necesidades destas poboacións”, critican.

Polo tanto, á vista dos antecedentes, da análise da documentación e dos datos de campo aseguran que “o efecto sinérxico e acumulado sobre a avifauna e os quirópteros sería un impacto ambiental crítico”. Por todo iso, conclúen que o proxecto presenta impactos acusados sobre o patrimonio natural e a biodiversidade e, por tanto, debera contar con informe ambiental desfavorable e non autorizarse.

ÚLTIMAS

O TSXG revisa este luns o recurso do condenado polo asasinato de Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acollerá este luns a vista de...

Restablecida a circulación ferroviaria entre Monforte e Lugo tras unha rotura “intencionada” da catenaria

A circulación ferroviaria entre Monforte de Lemos e a parroquia de Laxosa, no Corgo...

Renfe establece un plan alternativo por estrada entre Monforte de Lemos e Lugo pola rotura da catenaria

A circulación ferroviaria entre Monforte de Lemos e a parroquia de Laxosa, no concello...

Lugo inicia os trámites para abrir o novo comedor escolar de Fingoi II tras o anuncio da Xunta

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Educación, Iria...