InicioMedioambiente e PatrimonioO Valadouro explica como acabou co 95 por cento dos niños de...

O Valadouro explica como acabou co 95 por cento dos niños de velutina

O goberno local do Valadouro asegura nunha mesa redonda con apicultores e investigadores que eliminou 1.500 raíñas de vespa velutina cun gasto de 400 euros

PUBLICADA O

- Advertisement -

XORNAL DA MARIÑA | O Concello do Valadouro reduciu os niños de velutina de 400 a preto de 20 nun período de catro anos, segundo espuxo o alcalde, o socialista Edmundo Maseda, na mesa redonda sobre a avespa asiática que se celebrou con motivo da trixésimo primeira edición da Feira do Mel.

O rexedor resaltou que se acadaron estes resultados cun “trampeo amplo e artesán con botellas de plásticozume de amorodos e unha bebida alcólica, que pode ser a cervexa”. O custo deste remedio, segundo o goberno local, foi de 400 euros.

Maseda asegurou que na pasada primavera matáronse 1.500 raíñas, que poderían producir outros tantos niños e ata un máximo de 4.500. Na tempada pasada, atrapáronse máis de 350 niños, pois o Concello contabilizou uns 200, os GES deCervo outros 115 e os abelleiros máis de 60.

CHARLA

Participaron na charla a apicultora María Fé Sixto, o investigador da USC Xesús Feás, o xerente de Serpa, José María Vázquez, e o secretario xeral do PSOE en LugoÁlvaro Santos Ramos.

Investigadores do Campus de Lugo sintetizan dúas feromonas da velutina

+ posts

ÚLTIMAS

O goberno de Lugo pide que o “deixen traballar” para o nov centro de saúde do Sagrado Corazón

O Concello de Lugo quere aclarar á cidadanía que as recentes manifestacións do voceiro...

Piden 15 anos de cadea para un home acusado de acoitelar a parella da súa exmoza

Un mozo enfróntase a penas que ascenden a 15 anos de prisión acusado de...

 Obras nocturnas en Lugo na rotonda de Benigno Rivera con Infanta Elena

O Concello de Lugo inicia os traballos de renovación integral do firme na rotonda...

Obradoiro sobre a prevención do suicidio na adolescencia na UNED de Lugo

A UNED de Lugo organizará o vindeiro martes 29 de setembro, ás 18:00 horas,...