InicioLugo e contornaPatrimonio protexe a suposta divinidade prehistórica de Martul, en Outeiro de Rei

Patrimonio protexe a suposta divinidade prehistórica de Martul, en Outeiro de Rei

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Patrimonio acaba de protexer un ben patrimonial en Martul (Outeiro de Rei) cinco anos despois de que Patrimonio dos Ancares solicitara a súa inclusión na lista de bens protexidos.

Trátase dunha pedra reutilizada na casa reitoral onde se ve a representación dunha figura humana de trazos ben definidos que debuxan o corpo, brazos, pernas e cabeza onde se aprecian a boca e os ollos. A tradición oral di que apareceu nunha mámoa, se ben descoñécese en que lugar se atopaba este enterramento. A primeira e única referencia a esta singular peza débese a Guerra Mosquera no Boletín da Comisión de Monumentos de Lugo (1976). Como hipótese por atoparse descontextualizada, quizais representaría a unha divindade feminina espida, unha deusa da fecundidade.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...