InicioSociedadeArde o Courel e, agora, tamén os Ancares

Arde o Courel e, agora, tamén os Ancares

Hai alerta por proximidade dos lumes a un núcleo de poboación en Folgos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería tamén solicitou que se active o nivel 2 de alerta por proximidade ás casas nun dos incendios activos na parroquia de Vilamor, no municipio lucense de Folgoso do Courel. En concreto, pola proximidade ao núcleo de Parada de Montes.

En declaracións a Europa Press, a alcaldesa de Folgoso do Courel, Dolores Castro, afirmou que o incendio “saltou cara a outra ladeira”, “incluso saltando a propia devasa”, e asegurou que están “desbordados”.

Segundo as últimas cifras de Medio Rural, a superficie afectada neste incendio, que se iniciou ás 20,25 horas deste xoves, é de 500 hectáreas. No seu control traballan 1 técnico, 19 axentes, 25 brigadas, 20 motobombas, 1 pa, 1 unidade técnica de apoio, 6 avións e 7 helicópteros.

Na mesma localidade, Na parroquia de Seceda, continúa decretada a alerta por proximidade a un núcleo habitado no incendio que se iniciou ás 1,40 horas do venres, e que, segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada mantense en 1.100 hectáreas.

lume está próximo ao núcleo de Gamiz, na parroquia de Santalla, situada en Samos, municipio limítrofe. Neste incendio traballaron un total de 19 axentes, 28 brigadas, 13 motobombas, 6 avións e 6 helicópteros. Tamén participa a Unidade Militar de Emerxencias (UME), que despregou efectivos na zona.

A alerta segue tamén decretada nun incendio da parroquia de Vilamor, en Folgoso, onde as chamas están preto do núcleo de Carballal. Este incendio empezou ás 20,42 horas deste xoves e mantense en 300 hectáreas queimadas, segundo as estimacións provisionais. Combaten as chamas 6 técnicos, 19 axentes, 30 brigadas, 20 motobombas, 1 pa, 5 avións e 3 helicópteros.

ACTIVO UN INCENDIO EN CERVANTES

Así mesmo, a Xunta informou dun novo incendio forestal na provincia de Lugo. Neste caso, no municipio de Cervantes, na parroquia de Donís. Polo momento, a superficie afectada supera as 20 hectáreas.

+ posts

ÚLTIMAS

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

O PP de Lugo apoia a iniciativa de recoñecer a Fernando Ónega como Fillo Adoptivo da cidade

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo apoia a iniciativa impulsada por un...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...