InicioMedioambiente e PatrimonioO Concello de Lugo remite á Xunta o estudo detalle da Casa...

O Concello de Lugo remite á Xunta o estudo detalle da Casa Torre validado para seguir coa súa recuperación

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo remitiu hai algúns días á Consellería de Medio Ambiente a resposta de validación en positivo do estudo de detalle da Casa Torre ou Hospital de San Miguel, para que así a Xunta continúe coa súa recuperación.

Fixérono unha vez que os servizos técnicos municipais comprobaron que a Xunta incluíra as últimas modificacións solicitadas desde o municipio, “cambios que os servizos municipais requiriron co fin de respectar o carácter singular da edificación”. A edil de sostenibilidade urbana, Paula Alvarellos, lembrou que a Xunta solicitou a licenza para recuperar casa Torre sen presentar o estudo de detalle, necesario para poder conceder este permiso de obra.

“É a agregación das unidades edificatorias que integran o inmoble o que debía recoller este estudo, os números 32 e 34 da rúa Rinconada do Miño”, explica. Neste sentido, sinala tamén que “o Concello debe velar porque se rehabiliten estas edificacións segundo a normativa de protección do patrimonio e respectando a súa estrutura, e máxime cando se trata do único conxunto medieval desta tipoloxía que se coñece na cidade”.

O municipio envioulle á Xunta a resposta aos últimos cambios introducidos nun prazo menor de quince días, recalcan, “porque tentan acelerar e axilizar o proceso, mantendo sempre o contacto coa Consellería pola importancia que ten para a cidade que o Goberno galego recupere este espazo da súa propiedade tras anos de abandono”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...