InicioEconomíaLugo e o camiño cara a desconexión das grandes eléctricas

Lugo e o camiño cara a desconexión das grandes eléctricas

Os nacionalistas retoman a bandeira da enerxía, que converteu a Muras en exemplo internacional, para que Lugo mude en comercializadora de electricidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

A idea é sinxela: que o Concello pase a operar como maiorista e deixe de comprar electricidade no mercado minorista. Esta é a proposta do Bloque Nacionalista Galego para Lugo, segundo o plantexamento de que a cidade conta cunha empresa pública que podería asumir a función de comercializadora e instalacións de xeración de enerxía en desuso.

Esta cuestión é central no discurso nacionalista dende que Ana Pontón acadou a portavocía nacional do BNG. A persecución dun cambio de modelo enerxético cobrou especial forza neste 2018 a diferentes niveis: a Unión Europea prohibiu o denominado ‘imposto ao sol’ que grava o autoconsumo eléctrico; o cambio de goberno invertiu a tendencia na materia cara a enerxía renovable; e a creación de Barcelona Energia supuxo un acicate para o modelo de distribución municipal.

A estes fitos hai que engadir o respaldo xudicial ás taxas que gravan o uso de solo público municipal para a xeración e o transporte de enerxía, na actualidade o segundo ingreso de Arteixo, e que estuda a Deputación de Lugo para implantar en toda a provincia. A este canon que hai que engadir a outros impostos coma o IBI e o IAE ás operadores eléctricas, que na actualidade aportan nove de cada dez euros que recada Muras. Precisamente este concello chairego é un emblema para o BNG, e nel reclamou unha tarifa eléctrica galega.

De cara o novo curso político, os nacionalistas tirarán da bandeira da enerxía tamén na cidade de Lugo. Dende o BNG propoñen que a empresa municipal de vivenda e solo EVISLUSA mude en comercializadora de enerxía, co pretexto de aforrar en electricidade –que pode supor o dez por cento do gasto–, eliminar a dependencia das grandes eléctricas e reverter na cidadanía.

Formación de expertos do Máster en Enerxía Renovable | USC
Formación de expertos do Máster en Enerxía Renovable | USC

Lugo seguiría deste xeito a liña de Barcelona, Cádiz ou Pamplona, que xa actúan como maioristas no canto de acudir ao mercado minorista. “Tratariase dunha eléctrica cen por cen pública, que ofrecería enerxía verde”, explicaba Rubén Arroxo, candidato do Bloque á alcaldía. “Permitiría desconectar dos oligopolios eléctricos e ter unha política enerxética propia, tanto para os equipamentos do Concello coma para as veciñas e veciños”.

Para Arroxo, a cidade conta coas “condicións idóneas” para comprar enerxía a un prezo máis reducido e garantir o subministro. Primeiro, porque dispón da empresa pública que asumiría a comercialización, e segundo, porque conta con instalacións produtoras en desuso. Este extremo é máis complicado, debido a que requeriría un cambio legal que aínda ten pendente o goberno central; mais permitiría empregar as instalacións da Fábrica da Luz ou os paneis solares e o aeroxerador do Ceao para despois distribuír esa electricidade a través de EVISLUSA.

O abastecemento con enerxía renovable é un dos compromisos da corporación municipal de Lugo, que aprobou no seu momento unha iniciativa dos nacionalistas para aproveitar os proxectos cooperativos e responsables co medio ambiente. “A nosa proposta permitirá a redución do consumo, un gasto máis racional, a garantía do subministro e a diminución de axentes contaminantes”.

A provincia de Lugo, entre tres modelos enerxéticos

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...