InicioPolíticaO BNG pide en Muras unha tarifa eléctrica galega

O BNG pide en Muras unha tarifa eléctrica galega

Ana Pontón pon ao goberno local coma exemplo no uso dos ingresos da enerxía eólica para abaratar os recibos da luz

PUBLICADA O

- Advertisement -

A voceira nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Ana Pontón, pediu nun acto sobre enerxía celebrado en Muras que se negocie co novo Goberno unha tarifa eléctrica galega. Segundo afirmou a líder dos nacionalistas, esta medida permitiría reducir nun 15 por cento o custo da factura da luz.

Pontón reclamou unha tarifa eléctrica propia que “non debe ser considerada unha utopía, pois Euskadi xa conta con ela, o que lle permite aforrar 50 millóns de euros. A nos dísenos que é imposible, pero foi o propio PP o que a negociou”, resaltou.

A voceira do BNG asegurou que “hai un novo escenario político e temos que traballar para que tamén signifique un cambio no papel de Galicia no Estado, ata agora desaparecida debido a un presidente da Xunta de Galicia sometido aos intereses do PP”.

MURAS COMO EXEMPLO

Neste senso, Pontón reivindicou a actuación do goberno local de Muras, que “usa os ingresos dos muíños eólicos para abaratar a factura da luz aos veciños”. A voceira dos nacionalistas destacou que o municipio “é o concello con máis aeroxeneradores de Galicia, cun total de 20 parques eólicos”, e sinalou que desde a chegada á alcaldía de Manuel Requeijo “esta riqueza repercute nos petos dos 800 veciños do municipio”.

Xosé Alfredo Pereira, da Organización Galega de Montes Veciñais en Man Común; Xosé Manuel Golpe Acuña, asesor enerxético da Faepac; Fernando Blanco, responsable de enerxía da CIG; e a deputada do BNG Noa Presas participaron tamén no evento.

+ posts

ÚLTIMAS

Extinguido o incendio de Taboada tras arrasar 55,85 hectáreas

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido este sábado o incendio forestal de...

A Deputación incrementa o patrocinio para o Caudal Fest reforzando a proxección turística de Lugo

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres o contrato de...

O Concello de Lugo aprobará o proxecto dunha residencia de anciáns no barrio de Recatelo

A xunta de goberno de Lugo aprobará o vindeiro luns o proxecto para a...

Un incendio activo en Lugo xa arrasou dúas hectáreas

A parroquia lucense de Orbazai, no lugar de Penarrubia, rexistra este xoves un incendio...