Home Comarca de Meira Un paseo fluvial porá en valor o nacemento do río Miño en Meira

Un paseo fluvial porá en valor o nacemento do río Miño en Meira

0
Un paseo fluvial porá en valor o nacemento do río Miño en Meira
O Pedregal de Irimia, en Meira, onde nace o río Miño | Xunta de Galicia

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu luz verde a un convenio interadministrativo co Concello de Meira polo cal se compromete a cooperar na adquisición de terreos para a construción dun paseo fluvial no río Miño ao seu paso polo municipio meirense.

A institución provincial investirá 25.000€ para a compra dunha finca de 5.528 m2 coñecida como Monte Irimia, que está situada no entorno do Pedregal de Irimia, lugar de nacemento do río Miño.

O concello de Meira é o punto do nacemento do río máis importante de Galicia, a uns 3 quilómetros do centro da vila. Situado a 700 metros de altitude, o berce deste río percorre 315 quilómetros e atravesa 3 das 4 provincias galegas, facendo fronteira con Portugal.

Considerada unha zona de especial protección medioambiental, o Pedregal de Irimia ten un gran valor social e natural e a Deputación de Lugo, en colaboración co Concello de Meira, entende necesario promover aquelas accións que permitan a súa conservación.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here