InicioMedioambiente e PatrimonioO sur de Lugo sofre o segundo incendio forestal no que vai...

O sur de Lugo sofre o segundo incendio forestal no que vai de semana

O lume xa calcinou 20 hectáreas na parroquia de Marcelle (Monforte de Lemos). Un avión que participaba no dispositivo tivo un rebentón nunha roda durante os labores de extinción.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un incendio forestal que permanece activo na tarde deste mércores na parroquia de Marcelle (Monforte de Lemos) xa calcinou 20 hectáreas. Diso informou a Consellería do Medio Rural, que sitúa o inicio das lapas algo antes das 14:00 horas da tarde.

Na zona traballan un técnico, tres axentes, sete brigadas, tres motobombas e medios aéreos. De feito, un dos avións que participan no dispositivo sufriu un rebentón nunha roda mentres se dispoñía a cargar auga na base de Doade. Xa está a ser reparado para volver estar operativo canto antes.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A xuízo un home por agresión sexual á súa exparella cando esta decidiu deixar a relación

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro xoves, día 12, a un home...