Home Medioambiente e Patrimonio Na provincia de Lugo elimináronse máis de 2.000 niños de velutina durante o pasado ano

Na provincia de Lugo elimináronse máis de 2.000 niños de velutina durante o pasado ano

0
Na provincia de Lugo elimináronse máis de 2.000 niños de velutina durante o pasado ano
Niño de vespa velutina | LX

O Consello da Xunta deu este xoves o visto e prace ao proxecto de acordo polo que a empresa pública de Servizos Galegos (Seaga) sexa a encargada de executar tamén este ano o programa galego de vixilancia e control fronte á vespa velutina para a súa erradicación en colaboración cos concellos. O orzamento da encomenda para este ano ascende a 1,7 millóns de euros destinados á execución dos traballos.

En total, ata o momento 300 municipios galegos, o 96% do total, confirmaron a súa adhesiónao Plan de loita contra esta especie acordado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Deles, 285 concellos xa se uniran o ano pasado e os 15 restantes amosaron a súa disposición para sumarse neste exercicio.

No marco deste programa, a Xunta actuou en 2020 en 285 concellos e o operativo de Seaga encargado da encomenda retirou 16.700 niños: 8.640 deles na provincia da Coruña, máis de 2.000 na de Lugo, máis de 1.300 en Ourense e case 5.000 na de Pontevedra.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here