InicioMedioambiente e PatrimonioA plataforma Galicia Baleira rexeita de cheo a total prohibición da caza...

A plataforma Galicia Baleira rexeita de cheo a total prohibición da caza do lobo

Unidas Podemos presentou unha iniciativa no Congreso para coñecer os informes nos que se ampara a Xunta ao dicir que o control deste animal podería afectar negativamente ás explotacións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A plataforma Galicia Baleira, integrada pola Federación de Asociacións de Veciños de Lugo e a Federación Limiar de Ourense, súmase ás críticas contra a decisión do Goberno central de prohibir a caza do lobo en toda España.  O colectivo amosa o seu “total desacordo” cunha medida tomada “de forma anárquica e onde as partes implicadas non tiveron a oportunidade de manifestarse”, aseguran.

Para Galicia Baleira, “está claro e demostrado que a falta de control actual do lobo afecta a un conxunto moi importante de explotacións gandeiras, que ven minguadas as súas cabanas anos tras anos”. Piden que se teña en conta esta realidade dentro dun asunto tan “polémico”, porque dela depende tamén “o asentamento da poboación e a subsistencia” no rural.

“Respectamos o lobo como especie e como parte importante na regulación do ecosistema español, pero requirimos unha estratexia de xestión e conservación do lobo, controlando a súa localización e o número de unidades por áreas definidas e esiximos unha política clara de coberturas de danos por parte do Estado”, reivindican. Piden, por exemplo, que se paguen aqueles danos certificados polos servizos veterinarios da zona das reses rexistradas na zona nun prazo máximo de 45 días da data de apertura do expediente.

UNIDAS PODEMOS

En sentido contrario, os deputados de Unidas Podemos Antón Gómez Reino e Juantxo López veñen de presentar unha iniciativa parlamentaria para coñecer os informes que presentou a Xunta de Galicia para defender a caza do lobo ibérico no territorio, así como os datos presentados pola administración galega sobre a efectividade desta acción nos últimos anos.

O deputado galego insiste en que “hai comunidades autónomas como a galega que pretenden vincular a caza do lobo cunha suposta reducción de danos nas explotacións agrogandeiras, unha cuestión que ao poñer os datos sobre a mesa non se pode demostrar”.

O deputado galego lembra que “a propia Unión Europea aprobou fondos destinados a compensar ata o 100% dos danos que este animal poida xerar nas explotacións gandeiras e tamén destinados a financiar medidas preventivas que poidan evitar estas situacións. A pesar disto”, engadiu Gómez Reino, “o que vemos por parte de rexións como a galega é un modelo ineficaz baseado en espolear os cazadores recreativos cunha clara intencionalidade política”.

O deputado ecoloxista da formación e presidente da Comisión de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Juantxo López de Uralde, asegurou que “o noso apoio á gandeiría extensiva é evidente, pero non cremos que sexa contraditorio coa protección do lobo. Os problemas da ganadería extensiva teñen que ver cos baixos prezos, a competencia das macrogranxas, ou a falta de apoios, moito máis que co lobo. Cada vez hai máis gandeiros que apostan pola convivencia entre a gandeiría extensiva e o lobo. Dende o noso punto de vista é necesario dar máis axudas para apoiar medidas preventivas, garantir o rápido pago dos danos, e taxar o impacto económico de convivir con lobos”.

ÚLTIMAS

Un informe de Adega revela os datos reais de emisións e verteduras que Altri pretende ocultar

Un informe de Adega sinala que Altri oculta emisións no seu estudo de impacto ambiental e...

A Deputación presenta un plan invernal para estradas con 420 toneladas de sal e 112 traballadores

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou este mércores en Pedrafita...

Chuvia, neve e temperaturas baixo cero na montaña de Lugo

Os termómetros volvéronse a esborrallar na madrugada deste martes ata valores negativos na maior parte...

Convenio entre Deputación e os 67 concellos da provincia para modernizar o padrón da man do INE

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes, no Pazo...