InicioMedioambiente e PatrimonioInvestigan un veciño das Nogais por colocar unha rede de lazos de...

Investigan un veciño das Nogais por colocar unha rede de lazos de aceiro no monte

O suposto autor dun delito de maltrato animal foi sorprendido in fraganti cando instalaba unha das súas trampas no monte da Silva (Vilarín).

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil imputa en calidade de investigado un veciño das Nogais de 55 anos como presunto autor dun delito relativo á protección da flora e fauna silvestres, un de malos tratos de animais domésticos e outro de danos, así como por irregularidades administrativas á normativa de caza e protección da biodiversidade, tras colocar unha rede de trampas con lazo nun monte.

Segundo informou o Instituto Armado, axentes do Pacprona, tras ter coñecemento da desaparición dun animal de raza canina, localizárono atrapado xunto a outro can en cadanseu lazos no monte da Silva, en Vilarín. Con posterioridade un dos cánidos faleceu por mor das lesións producidas polo lazo.

Os axentes iniciaron “unha ardua investigación”, destacou a Benemérita, que levou á localización dunha “rede de trampas que abarcaba varios quilómetros” nunha zona de monte coñecida como A Silva, pertencente a Vilarín-Noceda, no termo municipal das Nogais.

“A rede estaba disposta nas sendas utilizadas polos animais silvestres para desprazarse, adaptando as mesmas mediante a colocación de vexetación para obrigar os animais a pasar polos lugares onde estratexicamente colocaba os lazos para que quedasen atrapados neles. Tamén se aproveitaba de bañas de xabarís, onde vertía gasoil a modo de atraente, colocando lazos nos accesos ás bañas”, concretou o Instituto Armado.

Nas inspeccións realizadas nestes lugares localizouse polo menos unha vintena de sitios preparados nos cales había activos 15 lazos de aceiro, puntualizou a Garda Civil. O presunto autor investigado foi sorprendido in fraganti cando colocaba uns lazos durante unha das inspeccións realizadas polos axentes do Pacprona. Esta persoa investigada foi posta a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Rueda ratifica a creación do edificio con 50 aloxamentos compartidos para mozos na rúa Illa Coelleira da cidade de Lugo

Lugo cidade e a provincia centraron este luns a reunión semanal do Executivo autonómico,...

Luz verde ambiental a un parque eólico de Naturgy en Láncara, Baralla, Castroverde e Baleira

O Diario Oficial de Galicia (DOG) informa este luns da declaración de impacto ambiental que...

Dous detidos e varios feridos tras unha pelexa con arma branca nun local de lecer de Lugo

Unha liorta nun local de lecer do barrio histórico de Lugo saldouse con dúas...

Besteiro reclama “máis forza municipalista” no congreso de proclamación de Tomé como secretario do PSOE en Lugo

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, foi proclamado este sábado secretario provincial do PSOE no...