InicioMedioambiente e PatrimonioEcoloxistas piden anular a concesión ao Fluvial por ocupar un espazo da...

Ecoloxistas piden anular a concesión ao Fluvial por ocupar un espazo da Rede Natura

Entenden que o uso "deportivo e de ocio" destas instalacións é "totalmente incompatible" coa xestión dunha área natural pública protexida.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A organización Ecoloxistas en Acción solicitou á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) que se anule a concesión ao Club Fluvial de Lugo pola cal lle permite manter unhas instalacións de uso privado na beira do río Miño. Resaltan que o Fluvial se atopa dentro da Rede Natura 2000 e “o seu uso deportivo e de ocio é totalmente incompatible coa adecuada xestión dun espazo público protexido de gran valor cultural e ambiental”.

Nunha alegación escrita, o grupo ecoloxista insiste en que esta concesión supuxo que “durante décadas” se utilizase este espazo “de forma privada e exclusiva polos membros desa sociedade ocupando cada vez máis e máis espazo do río sen cumprir as condicións mínimas, como son respectar o camiño de servidume”. Entenden que todo isto supón unha “expropiación encuberta” a favor dun ente privado e en contra do ben común dos veciños.

Ademais de que se anule a concesión, Ecoloxistas en Acción demanda que posteriormente se recupere a ribeira do río “danada” para así minimizar o impacto ambiental causado. O escrito presentado ante a CHMS tamén conta co apoio da Asociación cultural e ambiental Petón do Lobo, Asociación galega Cova Crea, Verdegaia, Asociación Ríos con Vida, Asociación Terra Chá Sostible e Asociación Bico de Grao.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...

A Deputación recibe aos promotores do Foro Galicia-Asia

  Os Deputados de Promoción Económica e Social e Muller e Igualdade, Pablo Rivera Capón...