InicioMedioambiente e PatrimonioO accidente dun avión antiincendios "paralizou" o servizo en Sober segundo a...

O accidente dun avión antiincendios “paralizou” o servizo en Sober segundo a CIG

"O avión accidentouse con data do 29 de xuño de 2020, permanecendo desde esa data ata o 12 de xullo inoperativo e sen avión de substitución", asegura o sindicato.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A CIG denunciou que un avión da base antiincendios de Doade, en Sober, estivo “inoperativo” e “sen substitución” desde o 29 de xuño ata o 12 de xullo tras sufrir un accidente e reclamou á Xunta que “sancione” á empresa concesionaria.

Nun comunicado, o sindicato explica que a empresa é responsable do servizo de dous avións de carga en terra con destino á defensa contraincendios forestais durante os anos 2020, 2021 e 2022.

“O avión de carga en terra con matrícula EC-MUO accidentouse con data do 29 de xuño de 2020, permanecendo desde esa data ata o 12 de xullo inoperativo e sen avión de substitución, deixando a base cun só aparello dispoñible”, asegura a CIG.

A central nacionalista, que sinala que o 12 de xullo a nave si foi substituída, considera que a empresa incumpriu o prego de contratación que, segundo precisa, obriga a “substituír inmediatamente a aeronave” no caso de que algunha avaría grave provoque a súa “inoperatividade”.

“Para que non volva suceder, desde a CIG solicitamos ás consellerías afectadas que tomen medidas sancionadoras á empresa e as preventivas que correspondan de forma que evitemos danos ás persoas que traballan na extinción”, reclama o sindicato.

Fontes da Consellería do Medio Rural informaron de que o accidente se debeu a que o avión “rozou” unha das súas ás contra un muro nun momento no que “non estaba a traballar” e despois de producirse “un fallo no freo”.

Ademais, estas fontes, que sinalan que a base contaba con outra aeronave, explican que, no caso de que se detecte algún incumprimento dos pregos, procédese á “penalización” da concesionaria.

ÚLTIMAS

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...

Un operativo contra os locais de lecer nocturno en Lugo remata cun detido e 39 identificados

Un home foi detido por un suposto delito de atentado contra un axente da...

CC.OO. esixe a dimisión da edila de Persoal do Concello de Lugo

Comisións Obreiras (CC.OO.) esixiu a dimisión inmediata da concelleira de Persoal do Concello de...