InicioMedioambiente e Patrimonio'Paseos ó solpor' para descubrir os recunchos con máis encanto de Lugo

‘Paseos ó solpor’ para descubrir os recunchos con máis encanto de Lugo

O Concello e Guido Álvarez Parga ofrecerán un ciclo de visitas guiadas que escapan dos lugares máis explotados turisticamente.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo ofrecerá un novo ciclo de visitas guiadas durante os meses de verán. Os ‘Paseos ó solpor’, a cargo do guía turístico Guido Álvarez, levarán os participantes por lugares alternativos da cidade de Lugo alén dos máis coñecidos tradicionalmente.

Desde a área de Turismo pretendemos achegar unha nova visión de Lugo a través de paseos por zonas pouco masificadas que permitan a contemplación de paisaxes que non están explotados turisticamente“, explicou Maite Ferreiro, edil desta área. Engadiu que se trata de “lugares que teñen un especial encanto pola súa historia, a beleza da contorna ou o valor artístico e cultural do territorio”.

As visitas guiadas (seis en total) realizaranse os días 10 e 17 de xullo, 14 e 28 de agosto e 11 e 18 de setembro ás 19 horas. O punto de partida será o busto de Rosalía de Castro, á entrada do Parque. Maite Ferreiro informou que “a actividade é gratuíta mais será preciso anotarse previamente na Oficina Municipal de Turismo para controlar a cabida de cada visita, limitada a 24 persoas”. A edil de Cultura lembrou da obrigatoriedade de utilizar máscara durante a actividade e de cumplir co resto de indicacións que emitan as autoridades sanitarias.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...