InicioMedioambiente e PatrimonioA Xunta reactiva as axudas para as actuacións municipais nas Reservas da...

A Xunta reactiva as axudas para as actuacións municipais nas Reservas da Biosfera

En Lugo beneficiaríanse os concellos incluídos na reserva de Terras do Miño; na dos Ancares Lucenses, Montes de Cervantes, Navia e Becerreá; e na do río Eo, Oscos e Terras do Burón.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Consellería de Medio Ambiente reactivou a convocatoria das axudas para o financiamento de actuacións municipais nos concellos que se inscriben dentro dunha Reserva da Biosfera ou do ámbito dos Parques Naturais de Galicia. Na provincia de Lugo, beneficiaríanse os concellos incluídos na reserva de Terras do Miño; na dos Ancares Lucenses, Montes de Cervantes, Navia e Becerreá; e na do río Eo, Oscos e Terras do Burón.

O DOG publica este xoves a resolución pola que se dispón a continuidade de toda unha serie de liñas de subvencións da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, cuxos prazos administrativos e de prescrición e caducidade víronse afectados polo Real decreto polo que se declarou o estado de alarma.

Este é o caso das axudas para a realización de estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica nos espazos da Rede de Reservas da Biosfera de Galicia. É a segunda vez que se convocan e que están dotadas con 600.000 euros.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...