InicioMedioambiente e PatrimonioRecollen sinaturas contra a obra de ampliación da estrada Friol-Palas, que "arrasaría...

Recollen sinaturas contra a obra de ampliación da estrada Friol-Palas, que “arrasaría centos de árbores autóctonas”

Apatrigal considera que "basta con asfaltala", sen necesidade de acometer o ensanchamento lateral que propón a Xunta a pesar de que existen informes técnicos que desaconsellan ditas actuacións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (Apatrigal) iniciou unha recollida de sinaturas na plataforma Change.org para solicitar que se paralice o proxecto de ampliación da LU-231, entre Friol e Palas. Consideran que estas obras son “innecesarias” e alertan de que “arrasarían” con numerosas árbores autóctonas e con quilómetros de muros de pedra construídos de xeito tradicional.

Apatrigal dirixe esta petición ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, pois é a Administración autonómica a que promove as actuacións nesta estrada a través da Axencia Galega de Infraestruturas. Previamente, Apatrigal xa presentara alegacións ao proxecto e mesmo achegaran un informe técnico que desaconsellaba as obras por implicar un probable aumento de sinistralidade.

“A ampliación lateral da estrada Friol-Palas é innecesaria, porque a estrada non ten tráfico. Basta con asfaltala correctamente e aforraremos o 90% dos seis millóns de euros previstos”, aseguran.

Apatrigal cualifica estas obras, a punto de comezar, como “agresivas”. “Arrasarían centos de árbores autóctonas, en plena Reserva da Biosfera” e, ademais, tamén se derrubarían “quilómetros de muros de pedra ‘a xunta seca'”.

“Se queremos fortalecer o orgullo galego, fixar poboación no rural e atraer visitantes á nosa terra, debemos preservar o Patrimonio Cultural e Natural, non arrasalo”, conclúen dende a Asociación.

+ posts

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Detido un home por entrar ilegalmente na vivenda da súa irmá en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...