Luz verde para a rehabilitación do cubo XXXI da Muralla de Lugo

A obra custará 101.778 euros e ten un prazo de execución de 18 meses.

Muralla de Lugo
Muralla de Lugo | ALX

A área de Urbanismo do Concello de Lugo autoriza á Xunta de Galicia para executar a realización de obras de restauración no cubo XXXI da Muralla romana, unha intervención que terá un orzamento de 101.778 euros e un prazo de execución de 18 meses.

Segundo informou o goberno local, esa intervención por parte da Xunta de Galicia recibirá autorización este mércores por parte da xunta de goberno, co que a Consellería de Cultura, titular do monumento, terá luz verde para empezar as obras de restauración e consolidación dese cubo.

Durante a execución dos traballos, informa a área de Urbanismo, a intervención estará sometida a “permanente control arqueolóxico”, en coordinación cos servizos técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e ante calquera incidencia que poida “supor unha modificación do proxecto agora autorizado”.

De feito, a empresa adxudicataria das obras, antes de iniciar os traballos, terá que remitir un escrito do arqueólogo responsable das mesmas.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here