InicioLugo e contornaLugoLugo instala colectores de lixo "intelixentes"

Lugo instala colectores de lixo “intelixentes”

O concello instala cen sensores volumétricos para mellorar a eficiencia na recollida.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo iniciou as probas piloto para implantar unha “xestión intelixente dos residuos sólidos urbanos”, mediante a instalación de cen sensores volumétricos nos colectores co obxectivo final de mellorar a eficiencia na recollida.

Concretamente, os sensores servirán para ter información en tempo real sobre aqueles recipientes que están cheos e cales están medio baleiros. As probas comezaron es xoves e, segundo informou o goberno local, para levar a cabo esta experiencia piloto foron elixidos os colectores de envases lixeiros e de papel, porque a intención da concellaría de Medio Ambiente, que dirixe Álvaro Santos, é aproveitar esta iniciativa para abordar un cambio no sistema de recollida deste tipo de desperdicios.

Até agora utilizábase un sistema de carga superior, pero a partir de agora utilizaranse vehículos de carga lateral, o que, segundo Medio Ambiente, “incrementará a eficiencia da mesma”, cun maior número de colectores recolleitos por xornada.

O goberno local informou de que empezou a colocación dos sensores “xunto coa realización de diferentes probas na nave do servizo”, concretamente no referente á “cobertura de datos e funcionamento das comunicacións do sistema, a elevación dos colectores co sensor xa instalado e o enchido parcial dos mesmos para comprobar os seus comportamentos”. “Son estudos necesarios con carácter previo á súa instalación na rúa”, precisou Santos.

A obtención de información sobre o estado de cada colector permitirá mellorar a eficiencia da recollida de residuos, dado que os camións desprazaranse directamente aos recipientes que están cheos, sen necesidade de pasar por aqueles que aínda están “medio baleiros”. Á parte de mellorar a eficiencia, este novo sistema evitará “impactos no medio ambiente” e “axilizará o tráfico ao reducir o paso de camións”

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Un mozo que violou a unha menor dúas veces nun hotel de Lugo evita o cárcere tras un acordo

Un mozo de Lugo logrou evitar o cárcere tras aceptar unha condena de dous...

Acordo entre Xunta e Concello de Lugo para reformar xa a rúa Serra de Meira con 937.000 euros

O Goberno galego e o Concello de Lugo desbloquearon a reforma da rúa Serra...

O Concello amosa a súa “preocupación” ante o “atraso” na autovía Nadela-Sarria

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, expresou este martes a súa "profunda preocupación" polo novo...