InicioMedioambiente e PatrimonioO PP alerta sobre unha fuga de augas fecais que afecta a...

O PP alerta sobre unha fuga de augas fecais que afecta a varias naves do Ceao

Instan ao goberno municipal a solucionar os problemas neste punto da rede de saneamento municipal, logo de que esta situación se prolongara durante varios meses.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O concelleiro do grupo municipal do PP, Antonio Ameijide, denunciou a situación que se está a dar en varias naves do polígono do Ceao debido a filtracións de augas fecais nas súas instalacións. Urxen ao goberno bipartito que se solucione rapidamente este problema tan “desagradable” que xa afecta dende hai varios meses aos empresarios.

Segundo Ameijide, os afectados xa pediron que se poña fin a esta circunstancia en varias ocasións, pero o único que conseguiron foron “escusas” por parte do goberno local, malia que a fuga procede da rede de saneamento municipal. Ademais, o problema agravouse en maio, cando se produciu un colapso na tubaxe. “Non falamos dunha pequena filtración. É un problema grave que se pode ver incluso cunha simple ollada. Sen falar do cheiro que produce, que é moi desagradable“, sostén o edil do PP.

A filtración procedería dun terreo que se atopa entre as naves orientadas cara a rúa da Industria e cara a rúa dos Canteiros, unha zona cunha anchura dun metro e medio polo que pasa a canalización de saneamento. Enténdese que tal canalización ten unha rotura nalgún punto, polo que está a expulsar augas fecais cara as naves da rúa dos Canteiros. Os populares lamentan os “grandes problemas” que iso supón para os propietarios desas instalacións, que verían alterada a súa actividade comercial.

Así pois, Antonio Ameijide insta ao goberno bipartito a tomar as medidas necesarias para arranxar esta tubaxe de saneamento e a emendar os danos ocasionados día a día. Incluso propuxo que se baleire a tubaxe mentres non se solucione o problema, de maneira que se freen novas filtracións. Para iso, o concelleiro popular presentará un rogo á comisión correspondente.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia recibe o Cónsul Xeral de Portugal en Galicia para abordar novas vías de colaboración con Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Turismo e Museos, recibiu...

O antigo colexio do Sagrado Corazón xa é dos lucenses trala sinatura hoxe da acta de expropiación

O antigo colexio do Sagrado Corazón volve ser desde hoxe dos lucenses. Desde as...

Lugo formaliza a ocupación dos terreos para o novo centro de saúde do Sagrado Corazón

O proxecto para construír o novo centro de saúde do Sagrado Corazón, en Lugo,...

A ‘XLVIII Semana de Cinema de Lugo’ traerá 130 películas e unha programación paralela do 21 ao 26 de setembro

A 'XLVIII Semana de Cinema de Lugo' celebrarase do 21 ao 26 de setembro...