InicioMedioambiente e PatrimonioGandeiros: "Parte do problema para controlar a poboación dos xabaríns é dos...

Gandeiros: “Parte do problema para controlar a poboación dos xabaríns é dos animalistas”

"Saian do seu confort e veñan ver como o esforzo de moita xente do rural vese arruinado por esta especie", espétalles a entidade Agromuralla.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE. A asociación de gandeiros Agromuralla arremeteu duramente contra a postura dos “grupos animalistas extremos”, porque considera que a súa actitude nos últimos anos foi parte do problema para pór coto á sobre poboación de xabaríns no medio rural galego, que está a provocar “perdas económicas que son millonarias”.

Agromuralla asegura que hai que “tomar medidas e con moita urxencia”, polo que os gandeiros e agricultores afectados non poden “tolerar que estes grupos animalistas poñan trabas ao control desta especie”, que se converteu nunha auténtica “invasión que non deixa de crecer ano tras ano”.

Desde o seu punto de vista, “está claro que as medidas que se tomaron no últimos vinte anos foron insuficientes”, polo que “hai que dar un paso máis” para pór coto a esta situación, porque “as perdas económicas son millonarias, pero nada que ver co desánimo que xera entre as persoas que viven no rural”.

“Saian do seu confort e veñan ver como o esforzo de moita xente do rural vese arruinado por esta especie”, comina o colectivo aos animalistas, con “pradarías esnaquizadas, plantacións de patacas, de millo, de centeo e demais produtos desfeitas”. “A súa actitude nos últimos anos vén ser parte do problema, porque os nosos políticos teñen máis medo a unha nota de prensa destes colectivos que a que a xente do rural deixe abandonado o campo”, lamenta.

Por iso, insta “aos políticos a abrir os ollos” e a deixar de “pór parchas a algo que se lles foi das mans hai moito tempo”, para que “fagan algo serio dunha vez”.

+ posts

ÚLTIMAS

Un tractor derruba parte dunha capela en Guitiriz e o condutor fuxiu do lugar

Un tractor chocou coa capela de San Xosé en San Paio de Parga, situada...

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...