InicioMedioambiente e PatrimonioAprobado definitivamente o primeiro PXOM da Fonsagrada

Aprobado definitivamente o primeiro PXOM da Fonsagrada

Inclúe dúas zonas de uso industrial a carón do Camiño de Santiago, concretamente no lugar de Padrón

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde pola que se aproba definitivamente o primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal da Fonsagrada. Trátase dun documento que promove a ordenación do solo rústico e a protección do patrimonio municipal e que actualiza unhas normas subsidiarias básicas aprobadas hai 34 anos.

O PXOM dará un novo marco legal ao concello dende a súa aprobación e ata o 2031. O obxectivo é outorgar seguridade xurídica en materia urbanística e “ser coherente coa realidade do seu territorio”, tal como explican dende a Xunta.

Na Fonsagrada, un municipio de 438 quilómetros cadrados, o solo rústico supón máis do 99% do terreo. Por iso, o PXOM procurará facilitar unha “ordenación racional” que o clasifique en función das súas potencialidades. Así mesmo, trátase de delimitar os máis de 200 núcleos rurais do municipio de acordo coas súas expectativas demográficas.

A conservación e a protección do patrimonio que atesoura este concello, tanto desde o punto de vista natural e paisaxístico como arqueolóxico, etnográfico e arquitectónico, é outra das finalidades do planeamento, segundo a Xunta. E é que o trazado histórico do Camiño Primitivo ao seu paso pola Fonsagrada tamén aparece recollido no PXOM.

A administración autonómica garante que esta nova ordenación urbanística da Fonsagrada permitirá a resolución dalgunhas carencias dotacionais. En concreto, explican que favorecerá obtención de espazos públicos tanto nas 22 parroquias como na capital municipal, “onde a falta de espazos comúns e máis significativa”.

En canto á ordenación dos núcleos urbanos, o documento busca resolver os problemas que se producen nos bordes destas zonas e facilitar a xestión das bolsas de solo vacante. Así mesmo e polo que respecta ao solo urbanizable, o PXOM incorpora dúas zonas de uso industrial nas inmediacións do Camiño de Santiago, concretamente no lugar de Padrón.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...