InicioMedioambiente e PatrimonioGuitiriz navega cara á posta en valor das paisaxes da costa galega

Guitiriz navega cara á posta en valor das paisaxes da costa galega

O curso 'Turismo e paisaxe' buscará resaltar a importancia da riqueza biolóxica e económica do litoral galego.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A 12ª edición do curso Turismo e Paisaxe vén de inaugurarse na Casa Habanera de Guitiriz. Este proxecto, organizado polo Concello e a USC coa colaboración da Deputación, procura poñer en valor as paisaxes da costa galega a través de varias perspectivas.

O deputado de turismo en funcións, Eduardo Vidal Baamonde, participou este mércores no acto de presentación, onde tamén estiveron presentes a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, a Vicerreitora de Coordinación da Universidade de Santiago de Compostela, Montserrat Valcárcel Armesto, o director do curso, Roxelio Pérez Moreira, e outras autoridades. Segundo explicaron, o curso céntrase este ano nas paisaxes do mar e conta con 60 persoas inscritas. 

Vidal Baamonde destacou “o bo facer dos organizadores do curso, que levan 12 anos poñendo en valor as nosas paisaxes, un recurso turístico que é necesario protexer e preservar, ao tempo que ofrecen contidos de interese tanto para especialistas como para o público en xeral, algo que se reflicte no éxito de asistencia, récord dos cursos de verán do Campus de Lugo, chegando aos 60”.

A Paisaxe da Mar somerxerá os participantes no coñecemento pluridisciplinar da costa galega, unha fonte de riqueza biolóxica e económica a través de 3 eixos: Vecindade trata das paisaxes do litoral, da costa galega e as súas vilas; Profundidade que versará sobre as paisaxes do mar, incluído os submarinos e por último Inmensidade alude aos valores éticos e estéticos da conservación do mar e da paisaxe. Ao remate de cada xornada haberá unha proxección audiovisual, así como unha exposición fotográfica. O alumnado realizará ademais un roteiro polo Concello de Guitiriz e a observación de ceos nocturno.

ÚLTIMAS

Tomé dá por resolta a crise no PSOE de Lugo: “Foi unha situación insólita”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, deu por resolta a crise no PSOE...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia xa é Ben de Interese Cultural

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, que se celebra en Lugo este domingo,...

O alcalde de Lugo Miguel Fernández toma as rendas do PSOE local

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, foi elixido secretario xeral do PSOE local, en substitución da edil...

O PP de Lugo reclama explicacións a Tomé pola “maior crise de goberno” na Deputación

O Partido Popular de Lugo esixiu explicacións ao presidente da Deputación, José Tomé, ante...