InicioMedioambiente e PatrimonioOs gandeiros de Lugo percibiron case 102 millóns de euros na campaña...

Os gandeiros de Lugo percibiron case 102 millóns de euros na campaña da PAC do 2018

A Xunta comprométese a modernizar e simplificar os trámites, algo para o que puxo en marcha un proxecto piloto no que aposta por satélites, drons e intelixencia artificial para o monitoreo das superficies.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural abonou na provincia de Lugo pagos por importe de case 102 millóns de euros correspondentes á campaña da PAC no 2018, que quedou practicamente rematada coas últimas partidas ingresadas no mes de xuño. As axudas beneficiaron a máis de 11.000 gandeiros lucenses.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que xa se está traballando na campaña do 2019, para a que se agardan unhas cifras semellantes ás do pasado ano. Ademais, salientou que a Xunta tratará de “seguir modernizando e simplificando a tramitación”.

Con ese obxectivo en mente, a Consellería vai realizar un proxecto piloto -no concello pontevedrés de Forcarei- no que empregará imaxes satélite, drons ou intelixencia artificial para monitorear as superficies declaradas para pagamento básico, algo que ata o de agora se fai mediante un método de control tradicional.

EN CIFRAS

Polo que respecta ao pasado ano, os agricultores da provincia recibiron en axudas directas 81,8 millóns de euros. Estas achegas inclúen o denominado pago básico, o pago verde, axudas vinculadas a cultivos para alimentación animal ou á produción de legumes de calidade, ás explotacións que manteñan vacas nutrices, vacún de cebo ou vacún de leite, así como ovino e caprino. Tamén están orientadas aos agricultores que inicien a súa actividade con menos de 40 anos.

Igualmente, concedéronse axudas ás explotacións situadas en zonas con limitacións naturais por unha contía global de 10,2 millóns de euros. En terceiro lugar figuran as axudas agroambientais, por valor de 8,7 millóns de euros, para primar os agricultores que aplican prácticas beneficiosas para o clima ou o medio ambiente. Por último, os pagos para a produción ecolóxica superaron o millón de euros (1.032.000 euros) na provincia de Lugo.

ÚLTIMAS

Un veciño de Zamora participa na ruta de 4×4 de Becerreá con matrículas falsas

A Garda Civil investiga a un veciño de Zamora de 37 anos como suposto autor dun...

Interceptado en Lugo un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol permitida e circulaba en sentido contrario

A Policía Local de Lugo interceptou este pasado fin de semana a un condutor que circulaba en...

Candia presenta 50 propostas para incluír nos próximos orzamentos do Concello

A portavoz do Grupo Municipal Popular de Lugo, Elena Candia, presentou unha batería de 50...

Localizado en Lugo un mozo fuxido dun centro de menores

A Policía Local de Lugo localizou o pasado domingo, día 12 de xaneiro, a...