InicioSociedadeAvances na supresión do paso a nivel do Cruceiro en Rábade

Avances na supresión do paso a nivel do Cruceiro en Rábade

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, reiterou en Rábade o compromiso do Goberno coa construción dunha nova pasarela peonil sobre a vía do tren ao seu paso polo municipio e a supresión do paso a nivel situado na contorna da parroquia do Cruceiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, reiterou en Rábade o compromiso do Goberno coa construción dunha nova pasarela peonil sobre a vía do tren ao seu paso polo municipio e a supresión do paso a nivel situado na contorna da parroquia do Cruceiro.

A subdelegada, acompañada do alcalde, Francisco Xosé Fernández, e do tenente de alcalde, Alejandro Martínez, visitou a zona onde se instalará a nova infraestrutura e informou que Adif está nestes momentos en plena fase de supervisión do proxecto para sacar a licitación as obras, previsiblemente a principios deste ano, cun investimento de máis de 710.000 euros.

Neste senso, a subdelegada apuntou que “foi o Goberno de Pedro Sánchez o que desbloqueou este proxecto, atendendo a unha demanda histórica dos veciños de Rábade, que verán unha clara mellora na accesibilidade desta contorna, aumentando, ao mesmo tempo, a seguridade da cidadanía“.

Concretamente, o proxecto de Adif contempla a demolición da actual pasarela urbana, datada dos anos 50, por unha nova, que conectará a rúa Campo da Feira e a Praza de España coa estación do ferrocarril. A plataforma, elevada, contará con acceso a través de escaleiras e ascensor, será metálica e terá unha lonxitude en planta de 27,6 metros.

Doutra banda, a subdelegada avanzou que, para a eliminación do paso a nivel no punto quilométrico 446/350 da liña Palencia-A Coruña, Adif executará dous muros de cerramento a ambos os dous lados da vía férrea para impedir o acceso e ampliará a zona para o tráfico de peóns e vehículos.

ÚLTIMAS

Morre un home tras ser rescatado inconsciente dun río en Chantada

Un home faleceu na tarde deste martes tras ser rescatado inconsciente no embarcadoiro de...

Así quedou restaurado o mural de Lugo por Palestina tras ser atacado

"O pasado domingo 14 rematouse de pintar un mural en apoio a Palestina e...

Dous homes investigados por pescar troitas con electricidade no río Rodil

A Garda Civil investiga a un veciño da Fonsagrada, de 72 anos, e a...

Detidos dous veciños de Lugo acusados de roubar 200 quilos de cobre nunha empresa

A Garda Civil detivo en Vilalba a dous veciños de Lugo acusados de roubar 200 quilos...