InicioLugo e contornaVolven os peregrinos a Portomarín: "nun momento eran máis de cen"

Volven os peregrinos a Portomarín: “nun momento eran máis de cen”

O municipio dá conta dun incremento "significativo" de persoas que van camiño a Compostela.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Portomarín, Juan Serrano, celebra que aumentase “significativamente” o fluxo de peregrinos que pasan polo municipio facendo o Camiño a Santiago, cunha maior presencia tamén en canto a pernoctacións. Serrano congratulouse que se empezo a “notar que comezan a vir” camiñantes despois de rexistrarse “cero peregrinos durante moito tempo”, pero “xa se comezan a ver grupos”.

“E isto é positivo, xa non só desde o punto de vista económico, senón desde o punto de vista psicolóxico, porque anima moito volver ver xente polo concello e polo Camiño”, destacou. O alcalde de Portomarín explica que estes días por algunha parte do Camiño, entre as 8,00 e 9,00 horas, podíanse ” contar máis de 20 persoas”. “Nun momento álxido era máis de cen, pero agora ven facendo o Camiño entre 20 e 25 persoas, e non está mal”, sinalou.

No tocante ás pernoctacións, apunta que o pasado domingo se superaba o centenar de peregrinos que facían noite no Concello de Portomarín. “Eu sempre dixen que co Camiño non había nada que facer por el, que se ía a recuperar de forma automática. Iso si, temos que readaptar algún paquete”, opina.

A este respecto observa complicacións para durmir nos albergues, ao estar “con moita xente” ante as prevencións sanitarias pola pandemia. Esa tendencia de utilizar os albergues cámbiase agora por “habitacións individuais, que ten máis percorrido e agora é máis lóxico”.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...