InicioLugo e contornaOuteiro de ReiO alcalde de Outeiro de Rei pide "claridade meridiana" na repartición de...

O alcalde de Outeiro de Rei pide “claridade meridiana” na repartición de vacinas tras aumentar a nivel alto o seu concello

Di que a solución é "vacinar, vacinar e vacinar".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Outeiro de Rei, o popular José Pardo Lombao, asegurou este mércores que lle “preocupa” a alta incidencia da Covid no seu municipio, á vez que destacou que a única saída posible pasa por “vacinar, vacinar e vacinar”, polo que reclama “claridade meridiana” na repartición de dose.

O municipio de Outeiro de Rei incorpórase ao nivel alto de restricións tras 37 positivos que elevan a incidencia a 14 días en máis de 700 contaxios por cada 100.000 habitantes. Pardo Lombao aproveitou, a continuación, para recriminar ao Goberno central que deixe fóra a Galicia na última partida extraordinaria de Pzifer. Un argumento que está utilizando estes días o seu partido, o PP. “Esa remesa que non veu a Galicia é dificilmente entendible. É un tema preocupante porque a repartición das vacinas non tería que estar politizado e debería de facerse con claridade meridiana”, sinalou.

Dos contaxios, o alcalde de Outeiro de Rei constata que estes 37 positivos repártense “entre catro ou cinco familias, e algún caso solto”, e celebra que “non” estea “ningún hospitalizado, e non están graves”. No entanto, José Pardo Lombao admitiu que “claro” que está “preocupado” con estes casos que levaron ao municipio ao nivel alto de restricións pola Covid.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...