InicioLugo e contornaCastroverdeAtopan estruturas circulares prehistóricas de hai 3.500 anos no Corgo e Castroverde

Atopan estruturas circulares prehistóricas de hai 3.500 anos no Corgo e Castroverde

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pasado 10 de xaneiro, dende o Colectivo Patrimonio dos Ancares comunicaron ao Servizo do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia a existencia dunha estrutura circular situada no monte das Cabanas, na parroquia de Maceda, concello de O Corgo. Trátase dun círculo perfecto de 75 metros de diámetro que apenas sobresae 20 centímetros do chan e que, debido a estar moi colmatado pola acumulación de materia vexetal (atópase entre pinos e rebolas), apenas é perceptible a simple vista.

Algúns investigadores comparan estes círculos cos “henge” das Illas Británicas. O primeiro documentado en Galicia foi o famoso da Roda de Barreiros onde xa se efectuou algunha intervención e, como resultado das análises radiocarbónicas, fixouse o momento da súa construción no Bronce Medio (séculos XVII e XVI a.C.).

Enigmáticas construcións

Nos últimos anos están a documentarse en Galicia varios destes enigmáticos círculos (ata o momento detectáronse pouco máis de medio cento). Polo de agora descoñecese cal sería a súa función pero pode que estean vencellados a algún tipo de ritual, sen desbotar o funerario, ou que se trate de lugares onde as sociedades prehistóricas se xuntaban para facer reunións de tipo político, social ou relixioso.

Este 25 de xaneiro, dende Patrimonio da Xunta de Galicia comunicaron que, unha vez visitado o lugar polos seus arqueólogos, comprobaron, en efecto, que se trata dun elemento arqueolóxico circular polo que redactaron unha ficha do rexistro de xacementos, sendo catalogado co código GA27014070. Esta estrutura de O Corgo é unha das poucas catalogadas ata o momento en Galicia.

Círculo tipo henge de Castroverde nunha foto do voo americano dos anos 1956-57) / Patrimonio dos Ancares

Outro círculo en Castroverde

Por outra parte, tamén acabamos de comunicarlle a Patrimonio outro círculo de características semellantes no concello de Castroverde, que a asociación de recreación histórica do Arde Lucus, Tir n´a Nog, localizou hai poucos días. Atópase no monte da Zarra, en Pereira, parroquia de Furís. Trátase, coma o do Corgo, dun círculo perfecto duns 100 metros de diámetro que apenas se percibe a simple vista, pero si nas fotos do voo americano dos anos 1956-57. Apenas levanta do chan 10 centímetros.

Estes xacementos, que ata non hai moito tempo tiñánse como castros, poden considerarse como excepcionais se temos en conta que fóra das Illas Británicas, que saibamos, non se tiñan localizadas este tipo de estruturas polo que consideramos a necesidade da realización de estudos e escavacións que permitan despexar os enigmas que plantexan estas sorprendentes estruturas que poden achegar novas informacións sobre a prehistoria de Galicia. Ademais, é moi posible que varios castros, catalogados como tal, non o sexan e se trate de círculos cunha cronoloxía anterior.

Patrimonio dos Ancares ten localizados cinco máis, inéditos, na provincia de Lugo, uns grazas á información achegada por veciños e outros polas imaxes que nos proporcionan as fotos aéreas.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Publicada a resolución pola que se denega a autorización ambiental para unha planta de biometano en Lugo

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns o anuncio, de marzo de 2025, da...

Abre ao público o castelo de Doiras en Cervantes

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomei Roca, e o alcalde de Cervantes,...

The Undertones, Christina Rosenvinge e Stompin’Riffraffs encabezan o cartel do FaCeLa Fest

Os irlandeses The Undertones, Christina Rosenvinge e os xaponeses Stompin'Riffraffs encabezan o cartel da...

José Tomé postúlase para revalidar a Secretaría Xeral do PSOE na provincia de Lugo

O actual presidente da Deputación de Lugo e tamén alcalde de Monforte, José Tomé Roca, postulouse...