InicioLugo e contornaO CorgoExcarceran do seu vehículo a unha persoa no Corgo tras quedar...

Excarceran do seu vehículo a unha persoa no Corgo tras quedar atrapada no interior

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha persoa tivo que ser excarcerada tras quedar atrapada no interior dun vehículo ao envorcar no Corgo, segundo informa o 112 Galicia no seu parte de incidencias. O ferido, tras ser liberado polos Bombeiros, foi evacuado nunha UVI móbil polos servizos sanitarios de urxencia.

Ao oito e media desta mañá, un particular chamaba ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que ía circulando pola autoestrada e viu un coche envorcado fóra da calzada, sen poder concretar a existencia de persoas feridas.

Con estes datos, os xestores do 112 pasaron aviso de inmediato ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, tamén aos Bombeiros de Sarria e á Garda Civil de Tráfico. Nada máis chegar ao lugar dos feitos, os Bombeiros confirmaron a excarceración do ferido do interior do turismo, que estaba a ser atendido polos profesionais sanitarios.

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...