InicioLugo e contornaO Corgo propicia o primeiro gran acordo de goberno entre PP e...

O Corgo propicia o primeiro gran acordo de goberno entre PP e C’s na provincia

PUBLICADA O

- Advertisement -

O candidato do Partido Popular, Felipe Labrada Reija, será finalmente o novo alcalde do Corgo, despois do acordo ao que chegou con Ciudadanos (C’s), cuxo cabeza de lista, Javier Vila, será o primeiro tenente de alcalde da corporación municipal e edil delegado de Vías e Obras.

O Partido Popular foi a forza máis votada nas pasadas eleccións municipais, nas que conseguiu cinco concelleiros, pero quedou a un da maioría absoluta, polo que necesitaba un pacto para investir alcalde ao seu candidato, que se presentou por primeira vez, despois da retirada de José Antonio Ferreiro.

O acordo con Cs, que ten dous edís na corporación, garántelle ao novo alcalde un goberno con maioría absoluta no pleno, dado que o BNG ten un concelleiro e o Partido Socialista tres. Fontes de ambos os partidos confirmaron que o acordo para formar o goberno bipartito xa foi rubricado na xornada do xoves.

ÚLTIMAS

Convocarán un concurso de ideas para desenvolver a contorna do Pazo de Dona Urraca

A Xunta continúa dando pasos para "seguir reactivando" o barrio da Tinería, no centro...

Detidas tres persoas dun clan familiar dedicado a venda de cocaína en Lugo

A Policía Nacional detivo a dous homes e a unha muller vinculadas a un clan familiar que se...

Reunión entre Rueda e Tomé para fixar un grupo de traballo sobre transferencia de diferentes estradas

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o líder da Deputación Provincial...