Un total de trece traballadores do Grupo El Progreso de Lugo, a maior parte deles xornalistas, eran despedidos a pasada semana. Unha decisión que traballadores do propio xornal “vían vir” ante a mala situación económica que atravesa esta empresa de comunicación.
De feito, estes despedimentos non son os únicos que afrontará El Progreso. Veñen acompañados de prexubilacións e da non renovación doutros traballadores aos que lles rematan contratos, ben sexan laborais ou contratos Feuga. En total, esta primeira medida afectou, segundo as fontes consultadas por GC a máis de 30 persoas. O principal obxectivo é reducir o cadro de persoal do grupo de comunicación máis importante da provincia de Lugo, que xa fora afectado por outros despedimentos nos últimos anos, aínda que moi inferiores ao destes días.
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamentou “profundamente” estes despedimentos e fixo un chamamento para evitar o “progresivo desmantelamento de medios na provincia de Lugo”. Podes ler toda a información no xornal Galicia Confidencial.