InicioLugo e contornaLugoO novo auditorio de Lugo xa conta con sistema de iluminación

O novo auditorio de Lugo xa conta con sistema de iluminación

Malia que a infraestrutura leva dous anos rematada, permanece pechada porque non contaba co equipamento preciso.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- Os técnicos da empresa Chemtrol División Teatro S.A instalaron xa o sistema de iluminación do novo auditorio da cidade de Lugo. Esta mesma semana tamén se espera a chegada dos equipos de son, que serán colocados no patio de butacas da sala principal da infraestrutura, en cuxa obra civil a Xunta de Galicia gastouse uns 20 millóns de euros.

De feito, a obra civil do auditorio está terminada desde hai máis de dous anos, pero esta infraestrutura cultural permanece pechada porque ata agora carecía do equipamento necesario para o seu funcionamento, cuxa instalación foi adxudicada pola Xunta de Galicia por importe de 2,1 millóns de euros. Ese equipamento foi adxudicado en setembro e, de acordo co prazo de execución establecido no contrato, tería que quedar listo antes de xullo deste ano.

Fontes da propia Xunta de Galicia informaron a EFE de que, previsiblemente, os traballos de instalación do equipamento finalizarán antes do previsto e mesmo poderían adiantarse un mes, pero non estarán listos antes das eleccións locais. EFE

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...