InicioLugo e contornaLugoA Xunta licita a construción de 24 vivendas públicas na rúa Angelo...

A Xunta licita a construción de 24 vivendas públicas na rúa Angelo Colocci de Lugo

Así o dixo a conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue, durante unha visita a Lugo, onde presentou o proxecto ante o equipo de Goberno local. As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o próximo 26 de outubro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta sacou este mércores a licitación por 4,3 millóns de euros as obras de construción de 24 novas vivendas públicas na rúa Angelo Colocci de Lugo, “un proxecto co que o Goberno galego continúa ampliando o parque residencial público na cidade”.

Así o dixo a conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue, durante unha visita a Lugo, onde presentou o proxecto ante o equipo de Goberno local. As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o próximo 26 de outubro.

A responsable galega, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, e a alcaldesa da cidade, Elena Candia, deu conta desta actuación, que permitirá levantar un novo inmoble con vivendas dun, dous, tres e catro dormitorios. Todas elas disporán de praza de garaxe e trasteiro e o edificio incluirá ademais unha vivenda adaptada para persoas con mobilidade reducida.

Allegue destacou que se trata de vivendas concibidas baixo criterios de accesibilidade, eficiencia enerxética e calidade construtiva. “O proxecto contempla vivendas luminosas, con ventilación natural nas dúas fachadas, e destinadas a facilitar o acceso a un fogar a prezos alcanzables, tanto en réxime de aluguer como de venda”, especificou.

A conselleira sostivo que a licitación foi autorizada o pasado luns polo Consello da Xunta e que xa foi publicada na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia. Unha vez finalizado o prazo de presentación de ofertas, previsto para o 26 de outubro, o obxectivo é adxudicar os traballos canto antes para poder iniciar as obras.

A INICIOS DE 2028

O prazo de execución previsto, engadiu a conselleira, é de 19 meses, polo que, segundo sinalou Allegue, as vivendas de Angelo Colocci estarán previsiblemente terminadas a comezos de 2028.

“A actuación enmárcase nun plan máis amplo de incremento da vivenda pública en Lugo”, explicou Allegue, detallando que actualmente están en marcha 615 vivendas públicas na cidade, cun investimento que supera os 120 millóns de euros.

Entre as actuacións máis recentes figura a licitación, a pasada semana, das obras de 168 vivendas públicas no barrio de Garabolos, cun orzamento de 30 millóns de euros. Ademais, a Xunta acaba de adxudicar as obras para construír outras 152 vivendas na mesma zona.

A estes proxectos súmanse os traballos para avanzar na construción de 50 aloxamentos na rúa Illa Coelleira e o proceso de adxudicación doutras 59 vivendas públicas en Paradai.

Allegue vinculou este despregamento á crecente demanda de vivenda pública na cidade. A conselleira sinalou que actualmente hai 2.125 persoas inscritas no rexistro de demandantes de vivenda de Lugo e apuntou que a maior parte das novas vivendas serán de dúas e tres dormitorios, en resposta ao perfil maioritario das unidades familiares que solicitan este tipo de vivenda.

RESPOSTA Á DEMANDA

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, que estivo nesta presentación acompañada por unha gran parte do seu equipo de Goberno, valorou o volume de investimentos que se está destinando a ampliar o parque residencial público afirmando que o avance dos proxectos está a xerar “ilusión” entre as persoas que esperan acceder a unha vivenda.

Candia incidiu en que a construción destes novos fogares permite visualizar de forma máis concreta unha resposta a unha demanda que, segundo sinala, “continúa crecendo”.

A Xunta sitúa estas actuacións dentro do seu compromiso de duplicar o parque público residencial de Galicia. O Executivo autonómico asegura que actualmente hai 4.000 vivendas públicas en marcha e mantén o obxectivo de alcanzar as 8.000 antes de finalizar 2028 e chegar ás 10.000 en 2030, no marco do novo Pacto de Vivenda.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia presume do éxito do Caudal Fest tras xuntar a “40.00 persoas”

O Caudal Fest pechou este fin de semana a súa oitava edición con preto...

O PP denuncia que Lugo sexa “a única provincia sen posto principal da Garda Civil”: “É unha discriminación máis”

Os senadores lucenses do PP, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

A Fiscalía eleva a 12 anos e medio a petición de cárcere para o acusado de maltratar e agredir sexualmente a filla de 4...

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este luns o xuízo contra un home acusado...

Acusado de introducir droga no cárcere de Bonxe tras regresar dun permiso penitenciario

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro venres a audiencia preliminar do caso...