InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo abre unha programación infantil no Mercado que estará...

O Concello de Lugo abre unha programación infantil no Mercado que estará activa até o mes de xullo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo, a través da área de Mercados e Industria, pon en marcha unha programación estable de actividades infantís no Mercado Municipal, que se desenvolverá ao longo do curso ata o mes de xullo.

A iniciativa ten como obxectivo ofrecer novas propostas de ocio e actividades para os nenos e nenas da cidade, ao tempo que contribúe a dinamizar o Mercado Municipal e achegalo ás familias, facendo deste espazo un lugar máis activo e participativo.

As actividades están dirixidas a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos e desenvolveranse os sábados, en dúas quendas, de 11:00 a 12:30 horas e de 12:30 a 14:00 horas. Cada quenda contará con 20 prazas e a participación será gratuíta e sen inscrición previa, asignándose as prazas por orde de chegada.

A programación comezará este sábado, 5 de setembro, cun obradoiro de creatividade ‘Xogando coas cores’. Durante este primeiro mes tamén se celebrarán outras tres actividades: o día 12, un obradoiro de cociña ‘Fajitas ao estilo César’; o día 19, un obradoiro de reciclaxe ‘Personaxes creativas’; e o día 26, o obradoiro de creatividade ‘O noso propio chaveiro’.

Estas serán as primeiras propostas dun programa que continuará durante os vindeiros meses ata xuño, dando continuidade ás actividades infantís no propio Mercado Municipal.

A concelleira de Mercados e Industria, Silvia Colmenero, sinala que esta programación responde tamén á vontade do Goberno municipal de crear actividades pensadas para os máis pequenos ao longo de todo o curso, ofrecendo ás familias alternativas de ocio e, ao mesmo tempo, favorecendo que os nenos e nenas coñezan e se acheguen ao Mercado Municipal.

A iniciativa permite así combinar actividade infantil e dinamización comercial, contribuíndo a xerar maior movemento neste espazo e a reforzar a súa condición de punto de encontro para a cidadanía.

Programación de setembro:

5 de setembro: Obradoiro de creatividade: Xogando coas cores.

12 de setembro: Obradoiro de cociña: Fajitas ao estilo César.

19 de setembro: Obradoiro de reciclaxe: Personaxes creativas.

26 de setembro: Obradoiro de creatividade: O noso propio chaveiro.

Todas as actividades terán lugar no Mercado Municipal de Lugo, na rúa Quiroga Ballesteros, e serán gratuítas.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia presume do éxito do Caudal Fest tras xuntar a “40.00 persoas”

O Caudal Fest pechou este fin de semana a súa oitava edición con preto...

O PP denuncia que Lugo sexa “a única provincia sen posto principal da Garda Civil”: “É unha discriminación máis”

Os senadores lucenses do PP, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

A Fiscalía eleva a 12 anos e medio a petición de cárcere para o acusado de maltratar e agredir sexualmente a filla de 4...

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este luns o xuízo contra un home acusado...

Acusado de introducir droga no cárcere de Bonxe tras regresar dun permiso penitenciario

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro venres a audiencia preliminar do caso...