InicioLugo e contornaLugoConcello de Lugo e Tráfico avanzan na recuperación do Parque Infantil de...

Concello de Lugo e Tráfico avanzan na recuperación do Parque Infantil de Tráfico López Mella

O Concello de Lugo abre este venres o prazo para que as asociacións deportivas e entidades sen ánimo de lucro da cidade soliciten as subvencións municipais destinadas ao desenvolvemento da súa actividade deportiva, cunha dotación total de 481.500 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo e a Xefatura Provincial de Tráfico avanzan na sinatura dun convenio de colaboración para recuperar a actividade do Parque Infantil de Tráfico López Mella e volver poñer estas instalacións ao servizo da educación e da prevención viaria.

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión co xefe provincial de Tráfico de Lugo, na que tamén participaron o responsable da área de Cultura e Educación, Javier Vázquez, e o concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide. O futuro convenio permitirá que o Concello ceda as instalacións do Parque Infantil de Tráfico para o desenvolvemento dos cursos de educación viaria cos centros escolares, sendo a propia Dirección Xeral de Tráfico a encargada de impartir esta formación.

O obxectivo é recuperar unha programación na que tradicionalmente participaban arredor de 2.000 estudantes cada curso. Neste sentido, a próxima semana ofertarase xa aos centros educativos, para que poidan presentar as súas solicitudes e axustar a participación ás súas programacións.

Recuperar unha instalación referente na educación viaria

O Parque Infantil de Tráfico permaneceu dous anos pechado, o que provocou a interrupción da programación habitual de educación viaria cos centros escolares. Durante o pasado curso recuperouse algunha actividade, pero o Goberno municipal quere agora dar un novo impulso ao Parque e recuperar unha programación estable.

O Parque López Mella conta cunha longa traxectoria. Foi construído durante un goberno do Partido Popular, sendo alcalde Tomás Notario, e entrou en funcionamento no curso escolar 1995-1996, con Joaquín García Díez. As instalacións chegaron a converterse nunha referencia a nivel estatal en materia de seguridade viaria, sendo escollidas en dúas ocasións para acoller Campionatos de España de Seguridade Viaria.

Neste sentido, o Concello considera que recuperar a actividade do Parque permite poñer novamente ao servizo dos escolares unhas instalacións que foron un referente na educación viaria e reforzar a prevención desde idades temperás.

Semana Europea da Mobilidade

A reunión serviu tamén para explorar accións conxuntas entre o Concello e  Xefatura provincial de Tráfico no marco da Semana Europea da Mobilidade, que se celebrará do 16 ao 22 de setembro baixo o lema “Mobilidade para todas as persoas”. Ambas institucións estudarán diferentes iniciativas para desenvolver durante esta semana, vinculadas á mobilidade, a prevención e a seguridade viaria.

O equipo de goberno destaca a importancia de recuperar a actividade do Parque e de facelo da man da Dirección Xeral de Tráfico, aproveitando unhas instalacións municipais “que teñen unha historia e un valor moi importante na educación viaria dos escolares de Lugo”.

 

AXUDAS PARA ASOCIACIÓNS DEPORTIVAS

O Concello de Lugo abre este venres o prazo para que as asociacións deportivas e entidades sen ánimo de lucro da cidade soliciten as subvencións municipais destinadas ao desenvolvemento da súa actividade deportiva, cunha dotación total de 481.500 euros.

A convocatoria, publicada hoxe no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP), dá continuidade ao compromiso trasladado recentemente polo Concello aos clubs deportivos do municipio e pon en marcha o procedemento para que as entidades interesadas poidan acceder a estas axudas.

As subvencións están dirixidas a asociacións deportivas e persoas xurídicas privadas sen ánimo de lucro que desenvolvan a súa actividade no ámbito deportivo, estean legalmente constituídas e teñan o seu domicilio no Concello de Lugo.

O prazo permanece aberto ata o 11 de setembro

As entidades interesadas dispoñen de 10 días hábiles para presentar as súas solicitudes, desde hoxe e ata o 11 de setembro, incluído. As solicitudes, xunto coa documentación requirida, deberán presentarse por vía electrónica a través do portal do Concello de Lugo.

O período subvencionable abrangue as actividades realizadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025, así como as desenvolvidas entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2026. A data límite para presentar a xustificación da totalidade da subvención concedida será o 1 de novembro de 2026.

O Concello de Lugo destaca o traballo que realizan durante todo o ano as xuntas directivas, adestradores, deportistas e familias, contribuíndo ao desenvolvemento do deporte de base e competitivo na cidade.

Con esta convocatoria, o Concello reforza o apoio ás entidades deportivas locais, facilitando recursos para que poidan continuar desenvolvendo a súa actividade e promovendo a práctica deportiva na cidade. As bases e a documentación da convocatoria están dispoñibles no portal web do Concello de Lugo e nos espazos municipais correspondentes.

https://concellodelugo.gal/gl/tramites/subvencions-para-entidades-deportivas-sen-animo-de-lucro

 

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polos traxes dos Reis Magos: o BNG denuncia un gasto “innecesario” de 2.541 euros

A organización da próxima Cabalgata dos Reis Magos de Lugo, prevista para o 5...

A falta de cociñeiros obriga a cambiar menús en colexios de Lugo: denuncian que se serven pizzas e empanadas

Os comedores escolares constitúen un servizo fundamental para milleiros de familias, non só pola...

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...